venres, 10 de abril de 2015

Xornada 30: Abellá "B" - C.A.S.X. (A Previa)


Logo do parón de Semana Santa o noso equipo Senior viaxa a Abellá para enfrontarse o seu filial.

Temos dúas grandes novas que festexar: as recuperacións do Míster Hassan e de Miguel Folgoso xa coa alta logo de unha lesión de longa duración. Benvidos de novo ambos á nave!!!

O C.A.S.X. enfrontarase por terceira vez nesta tempada contra o conxunto que preside o gran Daniel Vázquez Fuentes. No primeiro partido o resultado foi empate a 0 goles e no segundo o Abellá B impúxose con xustiza no Municipal 1-3.

O Abellá B esta nunha loita encarnizada por ocupar praza de promoción de ascenso, agora mesmo é sexto con 42 puntos a tan so 2 do CCD Curtis que ocupa a última praza que da dereito a xogar polo ascenso.

No seu feudo o Abellá B acumula 8 victorias, 2 empates e 3 derrotas. Os seus máximos goleadores son Manuel A. Gómez con 13 dianas, Alejandro Mosquera con 6 e Santiago González con 5.

Con respecto ó Atlético Sobrado será baixa segura Iago pola incrible expulsión contra o Once Caballeros B.

O encontro terá lugar o domingo as 16,15 horas e será arbitrado polo señor Zas Vázquez. Podedes seguilo na nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: C.A.S.X. - Atl. San Pedro

O equipo Xuvenil afronta mañá a partires das 12 horas o último encontro da tempada exercendo de equipo local. Dúas grandes sorpresas nos agardan, os que queirades velas teredes que asistir ó encontro.

Desde aquí agradecer ó Atlético San Pedro a súa boa disposición para adiantar o horario do encontro. MIL GRAZAS!!!

O partido estará dirixido polo señor Javier Pichel Castro.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: