martes, 4 de decembro de 2007

Logo conmemorativo 10º Aniversario



No pasado mes de outubro o Club Atlético Sobrado Xuventude ven de cumplir 10 anos de existencia.

Para conmemorar esta DÉCADA de andanzas deportivas o noso Presidente Juan González "Karnotxo" creou este magnífico logo.

Faranse camisetas onde este símbolo estará presente e todos os que as queirades adquirir non tedes máis que solicitarllo a calqueira dos membros da Xunta Directiva do Clube.
GRAZAS A TOD@S @S QUE FACEDES POSIBLE A EXISTENCIA DE ESTE CLUBE.
FORZA C.A.S.X.

4 comentarios:

Pitus dixo...

Presi "Karnotxo" eres un crack,pero sobre todo desde que eres con "K" y con "TX",je je.Un saludo desde Bilbo joder!!
Fichar a Clemente de mister,que aparte de ser Dios,ahora está libre.

Víctor Cabanas dixo...

Claro que es un crack y se debe estar regodeando (y bien) en tierras "mandarinas" de las desgracias ajenas de los ché.

Clemente "Rodríguez" era quien nos hacía falta..., je je je

Álvaro dixo...

Si señor xa fai 10 aniños, aínda recordo cando aquel grupo de "nenos" que non tiña sitio no equipo dos "galácticos" creou este club.Tamén me gustaría lembrar o apoio recibido por Gerardo(da Cafetería), xa que nos primeiros momentos estivo sempre o noso lado(a pesar das continuas derrotas e críticas recibidas pola inmensa maioría do pobo) aportando tempo, loxística(nunca dicía que non para levarnos no seu coche) e por suposto cartos, moitos cartos.
Alguén recorda o partido do debut?os membros da plantilla?o resultado(iso foi o peor, je je je)?
FELICIDADES CASX (ANTIGO PYMES) E A POR OUTROS 10 ANOS!!!!!!!!!!!!!

Víctor Cabanas dixo...

Efectivamente Álvaro, sen a figura de Gerardo aquel equipo nunca se federaría pois eramos todos moi xóvenes, estabamos estudiando e non tiñamos un can. Ademáis puxo unha porrada de cartos e tempo para que o Club se federase e seguise en competición.

Que rápido pasa o tempo, daquela eramos uns nenos e agora somos adultos pero o sentido segue sen vir, je je je, que se lle vai facer...

Eu recordo o debut, foi nas festas de Cesuras fronte Cesuras O Loureiro F.S., un equipo que agora milita en Primeira Nacional A pero que chegou a xogar en División de Plata e que chegou a ter nas súas filas xogadores tan contrastados coma Edesio ou Ferreira. Qué pasada!O resultado se mal non recordo foi O Loureiro 11- Pymes Sobrado 4, que palizón!!!, je je je.
Formaban aquela plantilla (dos que me acordo):

Porteiros: Hassan e Troita
Peches: Óscar Amil e Bustillo
Alas: Borja, Manolito, Diego Fontecoba, Álvaro e Lato.
Pivotes: Miguel, Celso, Patxi e Lisardo.

O adestrador era Miguel que facía as funcións de adestrador-xogador.

FELICIDADES C.A.S.X.