martes, 4 de decembro de 2007

Unha de cal e unha de area

Club Atlético Sobrado Xuventude 5 - Atlético San Pedro 2

O equipo adestrado por Hassan amosou un sábado máis que a pesar de ser o primeiro ano que está federado na competición é un oso duro de roer.

No último partido disputado golearon o Atlético San Pedro polo contundente marcador de 5-2, o equipo formouno: Andrés, Miguel, David, Ruchi, Metzelder, Anxo, Javi, Pedro, Fran, Ferreiro e Diego Amil, como suplentes atopábanse Carlos (ps), Fragío, Jorge e Barrio.

Axiña iba a encarrilar o encontro o equipo marelo pois os 9 minutos logo dunha boa deixada de cabeza de Javi, Diego Amil encontrase man a man co porteiro visitante e Diego con sangre frío non perdoa. 2 minutos máis tarde sería Ferreiro o que cun disparo cruzado faría o 2º da tarde. Con este resultado chegouse o descanso. Na primeira xogada da segunda metade o Atlético San Pedro recurtaría diferencias collendo os nosos xogadores algo fríos. Pero Fran puxo a calma momentánea no marcador marcando o 3-1. Voltarían a recurtar diferencias o equipo visitante e outra vez zozobra no Municipal de Sobrado. Pero o lateral Miguel puxo as cousas no seu lugar establecendo o 4-2. O peche a goleada faría o central Metzelder de fenomenal xogada individual.

Para a vindeira xornada o C.A.S.X. visita o colista San Martiño, agardemos unha nova victoria de este equipo que está facendo unha campaña excepcional.



CIRE Melide 3 - Club Atlético Sobrado Xuventude 1

Enfrontaba un difícil encontro fronte o líder a Makina Amarilla e ademáis con importantes e inxustas baixas: as de Esteban, Pirulo e Juan debido o esperpento de arbitraxe que o C.A.S.X. sufriu a semana pasada no seu partido fronte o Visantoña. Seguramente a peor arbitraxe dende que o C.A.S.X. existe dende que hai 10 anos se fundara.

O C.A.S.X. formou con Tino, Roi, Carlos, Iago, Guille, Josito, Manu, Simón, Jacobo, Nacho e Pablo, como suplentes agardaban a súa oportunidade Carlos (ps) e Chinorris.

Debo dicir que houbo unha parte para cada equipo. Na primeira o CIRE foi moi superior o C.A.S.X. amosando porqué está de inconstestable líder que ademáis non parece que se vaia apear de esa posición ata que acabe a tempada.

De tódolos xeitos nada máis comezar o partido o C.A.S.X. golpeou primeiro e nunha excelente xogada e posterior centro de un incisivo Jacobo, domingo reconvertido en interior esquerdo rematouno Pablo (xuvenil que debutaba co primeiro equipo e que se lle viron moi boas maneiras) de cabeza e o seu remate foise arriba da portería defendida por Perilla por pouco.

Os 5 minutos primeiro mazazo, internase o dianteiro centro do CIRE Mark na área e Iago comete un claro derribo, penalty e cartón marelo que ven puido ser vermello pero o colexiado non quixo estropear o partido. O penalty lanzouno de xeito maxistral Jechu e aínda que Tino chegou a tocar o balón este rematou no fondo da rede de xeito imparable, 1-0.

No minuto 17 outro penalty: este de Roi sobre o propio Jechu, lanzou outra vez o xogador melidán pero Tino nunha gran estirada mandou o balón a córner (que ben se lle dan os penaltis a Tino). Unha vez máis as lesións voltaron a visitar o C.A.S.X. e desta vez foi Simón o que fixo unha forte escordadura de nocello, foi sustituido por Chinorris, pasando un renqueante Manu como interior dereito e Chinorris formando parella de medio centro con Josito.

O CIRE seguía dominando pero sen crear excesivo perigo ata que pasados 2 minutos dos 45 regulamentarios da primeira metade un balón que sobrepasa Roi, Jechu fai un control e chuta coa súa perna dereita batindo por 2ª vez a meta do equipo marelo. Nada máis sacar de centro o colexiado decretou o descanso.

Na segunda metade o C.A.S.X. saiu con ánimos renovados e foise máis cara arriba, con un bo partido de Manu e Jacobo nas bandas, Nacho e Pablo deixandose caer os lados e vindo a recibir, un Chinorris que se gustou no medio campo e fixo un dos mellores partidos que recordo, Josito sendo o xefe do medio campo recuperando balóns, Roi e Carlos subindo pola banda con perigo, Iago e Guille moi seguros como centrais non deixando mover o Cire en ataque e Tino moi atento e facendo longos saques de portería que creaban perigo no equipo rival.

Como a mala sorte nunha ben sola nun lance fortuito dun centro de Jechu o balón pégalle a Roi, elévase e entra pola escadra de Tino supoñendo o 3-0, nese momento a xente que estaba o noso lado na grada decía que era totalmente inxusto pois o CIRE non fixera méritos para ir gañando por ese resultado tan abultado.

Hai que destacar a entrega de todo o equipo pois lonxe de virse abaixo tras o terceiro gol do líder seguiuno intentando. Voltou a mala sorte pois nunha excelente vaselina de Jacobo dende o pico da área rozouno o porteiro local Perilla cando xa parecía que entraba o tiro pega no pao e caelle a Armando, o central do Cire despexou de forte volea.

Seguíao intentando o C.A.S.X. cun lanzamento lonxano de Chinorris que se lle foi un pouco por enriba, un tiro de Nacho e outro de Josito.

Nunha internada de Manu por banda dereita (hai que sacarse o sombreiro do partido que fixo a pesares dos seus problemas de pube) é derribado dentro da área e o colexiado pita penalty. A pena máxima transformaría Nacho con moita sangue fría e sin carreiriña.

Acabou o partido cun corner a favor noso cun lanzamento de cabeza que se foi fora.

Para a semana o C.A.S.X. disputará outro derbi fronte o Toques a partires das 16:00 horas no Municipal de Sobrado. O equipo recupera a Esteban e perde a Simón e Manu por lesión e a Juan por asuntos propios.

FORZA C.A.S.X.


3 comentarios:

Quintás dixo...

Moi boas Victor, acabo de atopar ainda hoxe o blog, con esto de que non podo andar moito por internet. Bueno, sorte para o que queda de liga e a conseguir uns bos resultados.
Un saudo
FORZA CIRE
FORZA CASX

Pitus dixo...

Bueno,digo lo mismo para el proximo partido,que otra vez es un derby,partidos que gusta jugar y sobre todo ganar,esos que valen mas de tres puntos,a ver si esta vez hay mejor suerte.Forza CASX.

Víctor Cabanas dixo...

Grazas Santi. Igualmente sorte cos resultados.

Pitus: si la verdad es que los derbys tienen un sabor especial (como Sevilla) y la victoria siempre sabe un poquito mejor.

A ver si hay suerte!