luns, 28 de xaneiro de 2008

2ª Volta Impoluta

Máis non se pode pedir a Makina Amarilla nesta 2ª volta. 4 partidos consecutivos a domicilio e 4 victorias.
A de onte é moi importante pois foi fronte o ata onte 3º clasificado o Atlético Perillo, o marcador contundente 1-3.
A pesares de que o equipo de Oleiros non encaixou moi ben a derrota e incluso un afeccioado local saltou o terreo de xogo o equipo de Sobrado impúxose e segue en liña ascende. Afastando a un lado a mala sorte que lle perseguiu en moitos partidos da 2ª volta.
O equipo adestrado por Lito segue en 8ª posición pero recortalle diferencia a equipos coma Atlético Perillo e Vizoño B que están situados por diante.
O C.A.S.X. comezou marcando na primeira metade nunha xogada persoal de Juan por banda esquerda que logo de levarse a varios rivais inauguraría o marcador. Con este resultado chegouse o descanso.
O equipo de Perillo empataría os 15 minutos da segunda metade pero pouco lles duraría a alegría do gol pois Nacho logo dun sombreiro de antoloxía a un defensa marcou un golazo.
Pero o mellor gol da tarde íbase facer esperar ata o tempo de desconto onde o pichichi do equipo (que está que se sae) Chinorris marcaría un golazo de falta que pasou por riba da barreira e entrou por toda a escadra, o porteiro local quedouse co molde.
Así pois o C.A.S.X. ubícase con 29 puntos nunha zona cómoda de metade de táboa e coa moral polas nubes logo de 5 victorias consecutivas.

Para a vindeira semana o equipo marelo voltará a xogar na casa (non o fai dende o 22 de decembro) para enfrontarse nun derbi apaixoante o 3º clasificado o Boimorto C.F. a partires das 16:15 horas (horario de febreiro).

Noraboa fenómenos, a seguir así.

FORZA C.A.S.X.

3 comentarios:

omeublog dixo...

Contra o Boimorto, a ver se pode ir o Presi.

ToquesCF dixo...

Enhoraboa pola gran victoria.
A verdade e q o equipo de perillo cando vai perdendo non fan outra cousa q calentar o ambiente.
Penoso

Unknown dixo...

Ok Presi, agardemos que nos honres coa túa presenza.
Eu non podo asistir o partido pois teño que traballar na Festa de Entroido.

Toques grazas e noraboa a vos tamén pola excelente victoria fronte o Oza. Sen dúbida que os equipos da Terra de Melide están a facer unha gran tempada.
En canto o do Perillo sen comentarios, fronte a Pontecarreira creo que tamén tiveron mamoneo e fronte o Dorneda creo que tamén, polo tanto, non é casualidade.