xoves, 31 de xaneiro de 2008

O benxamín Alvarito convocado outra vez pola Selección Galega

O xogador benxamín Alvarito voltou a ser convocado na tarde de onte de novo para o último adestramento da Selección Galega de fútbol sá que terá lugar o vindeiro luns 4 de febreiro en Cea (Ourense) a partires das 17:45 horas.

De pasar este adestramento Alvarito case con total seguridade disputaría os Campionatos de España de fútbol sá na súa categoría co que se convertiría no primeiro xogador da historia do Club Atlético Sobrado Xuventude en vestir a camiseta da Selección Galega.

Estase a notar o traballo coa canteira que Hassan leva facendo varios anos e agora comeza a dar os seus froitos.

FELICIDADES!!!!!

Forza C.A.S.X.

Ningún comentario: