xoves, 31 de xaneiro de 2008

Todas as categorías federadas do clube teñen compromisos nesta xornada.

A xornada para o C.A.S.X. arrinca o sábado 2 de febreiro (sábado de Entroido) co equipo xuvenil que se desplazará a casa do 2º clasificado o Cecebre C.F. o encontro comezará as 16:15 horas e a verdade é que se o equipo mostra as gañas que puxo fronte o líder poder sacar adiante o partido e ubicarse nos postos altos da táboa con un partido menos.

Tamén na tarde do sábado afrontará o equipo feminino de fútbol sá o seu encontro da fin de semana. O equipo adestrado por Hassan volta a súa casa, o Pavillón Municipal de Sobrado para enfrontarse o F.S. Valdetires B (antiguo Meirás)de Ferrol a partires das 17:30 horas, ANIMO DENDE EIQUÍ A QUE TODA A XENTE VEÑA ANIMAR O EQUIPO FEMININO QUE ANDA A FACER UNHA GRAN TEMPADA.

Outra categoría que voltará a xogar na casa (non o fai dende o 22 de decembro) serán os seniors de fútbol que na tarde do domingo disputarán un bonito e apaixoante derbi perante o Boimorto C.F. (3º clasificado) a partires das 16:15 horas no Campo Municipal de Sobrado.
Agardemos que o equipo de Lito siga con esta boa racha (mellor equipo da segunda volta xunto co líder a S.D. Pontecarreira) 4 partidos fora da casa= 12 puntos, sumado os 3 que conseguiu fronte o A.C.D. Poulo en campo propio fai que os últimos 5 partidos a Makina Amarilla os conte por victorias.
TODOS O MUNICIPAL A ANIMAR O C.A.S.X.

Nada máis, sorte

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: