luns, 14 de xaneiro de 2008

Derrotas o sábado, victoria o domingo

Esta semana o Club Atlético Sobrado Xuventude acadou 1 victoria e 2 derrotas.

Na xornada do sábado o equipo xuvenil perdeu na súa visita fronte o Pastoriza por un contundente 5-1. A pesares de comezar gañando 0-1 con gol de Metzelder a saida dun córner o equipo fixo un mal partido en liñas xerais e non se encontrou cómodo en ningún momento nun campo que mixtura graba e barro (estes campos deberían estar prohibidos para a práctica do fútbol). O dianteiro de color Tafa encargouse él só de aniquilar as esperanzas do C.A.S.X. con un hat-trick. Dicir que os 2 últimos goles locais foron marcados cando o equipo marelo xa andaba a xogar a desesperada con só 3 defensas.

Tampouco tivo sorte o equipo feminino no seu desplazamento a Brión e viu cortada así a súa boa racha de resultados. O resultado foi de 6-4, as goleadoras do equipo de Sobrado foron Tamara Sandá en duas ocasións, a capitana María e Sara que celebrou de este xeito o seu recente cumpleanos.

Polo que respecta o equipo senior, cómpre dicir que leva un gran comezo de ano con 2 victorias a domicilio polo mesmo tanteo: 1-2.
Na tarde de onte o equipo dirixido por Lito gañou merecidamente no campo do Vilamaior con dous goles de Chinorris, un na primeira metade e outro preto do final. A Makina Amarilla disputou todo o partido con só 11 xogadores (con dous xuvenís Souto e Pablo) e sen cambios debido as baixas de última hora de Roy e Manu. Esta victoria supón a 3ª consecutiva polo que o C.A.S.X. sitúase con 23 puntos na 10ª posición empatado a puntos co 9º e 8º clasificado: Visantoña e San Estevo e a 1 punto do Club de Fútbol Toques.

Nada máis polo de agora.

Saudos

Forza C.A.S.X.

Ningún comentario: