mércores, 16 de xaneiro de 2008

Partidos da vindeira xornada

Para o fin de semana terán partidos oficiais o equipo xuvenil e o senior de fútbol. Pola súa banda o equipo feminino de fútbol sala descansará pois non hai competición oficial:

O sábado 19 o C.A.S.X. xuvenil desplazarase ata Mera (Oleiros) para enfrontarse o líder da competición o Marino de Mera que leva unhos rexistros goleadores que asustan a calquera. O partido comezará as 16:00 horas.

O domingo 20 será o turno do equipo senior que visita a casa do colista da clasificación, o Encrobas C.F. de Cerceda, tamén a partires das 16:00 horas, este será o 3º encontro de xeito consecutivo que o equipo de Lito disputará en terreo alleo. De gañar este partido o C.A.S.X. engancharía unha racha de 4 partidos consecutivos gañando.

Moita sorte a ámbolos equipos.

Forza C.A.S.X.

Ningún comentario: