martes, 22 de xaneiro de 2008

O xogador de categoría benxamín "Alvarito" convocado para adestrar coa Selección Galega

O xogador benxamín Álvaro Fragío Ramos "Alvarito" foi convocado para o adestramento que a Selección Galega da citada categoría disporá mañán a partires das 17:30 horas no Pavillón Municipal de A Castellana (Aranga).

Dende a Directiva queremos felicitar a "Alvarito" por esta convocatoria e desexamos que esta sexa a primeira de outras moitas participacións coa Selección Galega.

Ningún comentario: