luns, 21 de xaneiro de 2008

Os seniors gañan, os xuvenís perden

O equipo xuvenil perdeu por 4-3 no seu desprazamento a Mera para enfrontarse o líder da competición o Marino de Mera. Pese a derrota compre dicir que os rapaces de Hassan fixeron un excelente encontro e que foron con empate a 1 gol o descanso. O 4º gol do equipo oleirense veu precedido de polémica pois o dianteiro fixo falta o levarse o balón o levantar o pé moito máis arriba da cintura e poñendo en perigo a integridade física de Anxo fronte a pasividade do colexiado. Ademáis o equipo marelo tivo que loitar contra un terreo de xogo que non é o apropiado para xogar e que amosa algo incomprensible no mundo do fútbol: as porterías non están en liña. Ó colexio de árbitros ten que notificar esto de algunha maneira, non se entende o fútbol de esta maneira.
Os goles foron marcados por Miguel, Anxo e Pablo (este último de penalti).

O equipo senior acadou a 4ª victoria de xeito consecutivo (a 3ª consecutiva a domicilio polo mesmo resultado 1-2) a pesares da PERSECUCIÓN de un colexiado que xa nos arbitrou (e xa a liou moi gorda) no partido fronte o Visantoña. O Club Atlético Sobrado Xuventude está na dispoñibilidade de anunciar que vai solicitar o Colexio Arbitral que este "colexiado" non volta a dirixir ningún partido no que actue o C.A.S.X.
No partido fronte o Visantoña encargouse de expulsar sen motivo a Juan, Esteban e Pirulo. Aínda con 8 xogadores o C.A.S.X. conseguiu empatar o partido a 1 gol polo que o colexiado quedouse sen o seu propósito.
Onte voltouno a intentar e tomouna con Carlos, no minuto 20 xa estaba expulsado por que o árbitro lle deu a santísma gaña mentres o porteiro local do
Encrobas o insultaba pero non lle facía caso algún.
O C.A.S.X. tivo que remar contra-corrente e o equipo pechacancelas adiantouse no marcador. Co 1-0 chegouse o descanso.
Empataría o pichichi do equipo Chino no minuto 72 e no minuto 92 (xa no desconto) Josito faría o seu 2º gol da tempada que lle daba a volta o marcador e supuña unha nova victoria do equipo que adestra Lito que suma todo victorias nesta segunda volta e situase na 8º posición.

Nada máis polo de agora.

Saudos

Forza C.A.S.X

Ningún comentario: