martes, 4 de marzo de 2008

4 victorias fronte a 2 derrotas

As victorias de esta xornada chegaron por parte dos equipos benxamín, cadete, alevín e feminino, as derrotas por parte de xuvenís e seniors.

Resultados das categorías inferiores:

Benxamín: Concello de Paderne 3 - C.A.S.X. 14

Cadetes: Concello de Paderne 1 - C.A.S.X. 8

Alevíns: Vales Villamarín "B" 0* - C.A.S.X. 3 / * NON PRESENTADO O EQUIPO DA CASA.

Xuvenil: U.D. Carral 5 - C.A.S.X. 1 (Fran)

O Carral amosou que é un dos mellores equipos da categoría e non dou opción os nosos xogadores que acusaron demasiado a baixa de Iván Cabado por sanción.
O descanso chegouse xa se chegou co resultado de 4-0 polo que o equipo marelo en ningún momento tivo opcións de sacar algo positivo da súa visita a Vila dos Mártires.

Feminino: C.A.S.X. 3 (Sandra,Sara,María) - Riazor F.S. 2

Voltou o equipo feminino a senda das victorias fronte a un excelente equipo, o Riazor F.S. de A Coruña.
Sandra ía adiantar o cadro que dirixe Hassan e máis tarde empataría o equipo herculino, co resultado de 1-1 chegouse o descanso.
Na segunda metade Sara ía poñer o 2-1 que voltaba a poñer por diante no marcador o Atlético Sobrado. As coruñesas voltaría a empatar pero a capitana María establecería o 3-2 final.
Con este resultado o C.A.S.X. adiántalle na táboa o Riazor F.S. e ubicase con 33 puntos na clasificación.

Senior: C.A.S.X. 1 (Chinorris) - C.D. Mesía 2

Non tivo a sorte de cara o equipo de Lito no seu encontro fronte o Mesía, unha serie de circunstacias (2 lanzamentos o longueiro, un gol mal anulado do colexiado que logo recoñeceu o seu erro e a desgana da primeira metade) fixeron que o equipo non puidese puntuar neste choque.
No minuto 3 o primeiro lanzamento a portería do partido faino Chinorris dende fóra da área, o seu lanzamento pega no longueiro logo de tocar nun xogador do Mesía e baise a córner.
O C.A.S.X. dominou o primeiro cuarto de hora de encontro, pero a partir de aquí houbo un baixón inusual na "Makina Amarilla" que non era quen de ter o balón nin de sacalo con comodidade. Nunha xogada aislada o Mesía íase adiantar, presionan preto da liña de banda Roy e Iago o interior esquerdo do Mesía, este quérese quitar de enriba a presión e pega un pelotazo moi alto, o esférico colle dirección da portería de Tino, o cancerbeiro sobradés comeza a recuar, o balón vai cara adentro e Tino chégalle a tocar pero non da sacado a pelota que se introduce na rede .
Logo deste gol o C.A.S.X. seguiu dormido para desesperación do adestrador. Co resultado de 0-1 chegouse o descanso.
Lito montou unha revolución no descanso tratando de que o equipo fose máis ofensivo e fixo 4 cambios de golpe. Quedaronse na caseta Tino, Guille, Roy e Juan e entraron no seu lugar Carlos Martínez, Pirulo, Manu e Souto.
O equipo cambiou a cara na segunda metade e tivo a posesión do esférico e unha chea de oportunidades.
Nunha desas oportunidades Chinorris voltou a estrelar o balón no longueiro para desesperación de toda a parroquia sobradesa.
O C.A.S.X. facía xogadas e tiña oportunidades, provocaba gran cantidade de saques de curruncho pero non materializaba as ocasións que acababan pegando nos defensas visitantes ou ben o porteiro do Mesía (moi bo por certo) desbarataba os lanzamentos locais.
Nunha contra aislada do Mesía e onde o dianteiro podía estar en fóra de xogo (dende a miña posición así mo pareceu e Pirulo afirmaba o final do encontro que a posición do xogador do Mesía era ilegal) recolle o balón na parte dereita da área grande da o pase da morte para que o dianteiro centro remate a pracer o 0-2.
O resultado estaba a ser moi inxusto co C.A.S.X. pero o fútbol é así e o que perdona paga case sempre.
O Atlético Sobrado ía marcar por mediación de Josito logo de un córner sacado por Chinorris o medio centro de Curtis remata de inapelabel testarazo o balón pega na man de un defensa rival e acaba no fondo da rede pero o colexiado Galán confundiuse na apreciación e pitou man de Josito (o final do encontro o central do Mesía recoñeceulle que lle pegara a él na man e o colexiado NUNHA ACCIÓN QUE O DIGNIFICA pediunos unha e mil veces perdón polo erro, non comentamoslle que non pasaba nada, que unhas veces erran a favor e outras en contra, gran árbitro o Sr. Galán que recoñece os seus propios erros, con colexiados coma este o fútbol gaña moito, é un exemplo a seguir). Foi unha lástima porqué tan só ían 20 minutos da segunda metade e podería cambiar moito o signo do partido.
O C.A.S.X. seguiu presionando e xerando xogadas de gol e nun córner ía chegar o gol local, o pichichi Chinorris efectua un centro moi pechado, o esférico roza no hombreiro de un defensa rival e entra na portería visitante. Quedaban 8 minutos e voltaba a esperanza. A Makina Amarilla intentouno pero desta volta non puido ser e os 3 puntos marcharon para terras da Comarca de Ordes.
De todos os xeitos debo felicitar a todos os xogadores polo esforzo feito no partido, sen dúbida que na segunda metade se deixaron a pel no campo, a seguir así rapaces.
Destacar tristemente e unha vez máis a un habitual nas lides do xogo sucio, o xogador do Mesía Carreteras que agredeu a Nacho co seu codo logo que o dianteiro do Sobrado lle fixese falta nun salto de cabeza, Carreteras foise a por Nacho e agredeuno dando co seu cóbado na parte superior do ollo dereito do dianteiro. Unha mágoa que o colexiado non vise esta acción porque o xogador visitante houberase ido para os vestiarios antes de tempo.

Nada máis

Saudos

Forza C.A.S.X.

Ningún comentario: