martes, 18 de marzo de 2008

2 victorias e 1 derrota na tarde do sábado

O equipo xuvenil voltou a senda das victorias no campo do Sporting Cambre polo resultado de 1-3. Os goleadores foron Diego Amil en 2 ocasións e Javi. O capitán do equipo marcou así por 2ª semana consecutiva. O equipo marelo afiánzase nas posicións intermedias da táboa.

O C.A.S.X. feminino non tivo problemas para desfacerse do Santiaguiño F.S. e acabou goleando o equipo compostelán polo tanteo de 7-1, Tamara Sandá e Lucía Lagares acadaron sendos "Hat-Trick" mentres Patricia logrou o seu primeiro gol da tempada, noraboa as 3.

A Makina Amarilla perdeu 2-1 no seu desplazamento o difícil campo do Ordenes B. Destacar que o partido disputouse no campo de Vista Alegre que é onde o Ordenes de 3ª División Galega disputa os seus partidos (unha auténtica alfombra). O gol sobradés foi marcado por Josito que con este acada o seu 5º gol da tempada destacandose así os dous mediocentros titulares do equipo como os máis goleadores: Chinorris 20 goles e Josito (como xa dixen anteriormente) 5 goles.
O equipo descende un par de posición pero encontrase empatado a 36 puntos con San Estevo de Abellá (que será o vindeiro rival) e C.D. Mesía.

Nada máis polo de agora.

Saudos

Forza C.A.S.X.

Ningún comentario: