xoves, 27 de marzo de 2008

O equipo feminino segue a súa boa andaina na competición

O equipo feminino do Club Atlético Sobrado Xuventude segue a facer unha excelente tempada e o domingo certificouno en Narón no partido aprazado que tiña que disputar fronte A Fervenza B. Nun horario pouco usual, as 12:00 horas, as xogadoras que adestra Hassan impuxeron a súa superioridade na pista e no marcador co resultado final de 1-3.

O equipo sobradés foi o descanso co marcador 0-1 gol de Tamara Sandá. Xa na 2ª metade Sandra poñería o 0-2 no electrónico dando tranquilidade o C.A.S.X., outra vez Tamara Sandá voltaría a marcar para sentenciar o equipo naronés e poñer o 0-3 no electrónico.

Máis tarde a Fervenza B marcaría o gol da honra para establecer o 1-3 final no marcador.

Con este resultado o C.A.S.X. sitúase na 5ª posición da táboa clasificatoria na Liga Provincial.

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: