xoves, 27 de marzo de 2008

Novos enfrontamentos ligueiros

Nesta fin de semana volta a competición oficial as diversas ligas onde están inmersos as categorías do noso clube.

Abrira o lume o equipo feminino na tarde do sábado onde se desplazara o Concello de Boqueixón para a partires das 16:00 horas enfrontarse o Boqueixón F.S. nunha difícil saida.

As 16:30 horas do mesmo sábado chegará a hora do equipo xuvenil que recibirá no Campo Municipal de Sobrado o C.C.D. Cerceda, un equipo que ocupa os postos altos da táboa.

Para a tarde do domingo queda o partido do equipo senior, nesta ocasión recibirá o San Estevo de Abellá (Frades) no Campo Municipal de Sobrado. De gañar este partido, os pupilos de Lito adiantarán o equipo fradés na clasificación.

Dicir que as categorías inferiores non terán enfrontamentos nesta fin de semana.

Nada máis polo de agora

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: