xoves, 24 de abril de 2008

O fútbol acaparará todo o protagonismo na fin de semana

Tan só as categorías federadas de fútbol do Club Atlético Sobrado Xuventude terán partidos oficiais nesta fin de semana.
Os dous partidos terán lugar no Municipal de Sobrado.
O sábado 26 é a quenda dos Xuvenís que xogarán a partires das 16:00 horas fronte o colista do Grupo II de 2ª Autonómica o San Martiño C.F.
Pola contra o domingo 27 o equipo senior disputará un apaixoante encontro fronte o Oza dos Ríos C.F., este será o derradeiro partido ligueiro do equipo senior no Municipal para esta tempada 2007/2008.

Sorte

FORZA C.A.S.X.

1 comentario:

ToquesCF dixo...

Dende o Toques C.F sumámonos a vosa proposta para o avance do futbol galego. Foi unha vergoña o de ese arbitro.

tamén aproveito para comertarvos q hemos creado un novo foro, e q estades invitados a participar.

www.clubdefutboltoques.superforo.net