venres, 2 de maio de 2008

Achéganse o final das Competicións

Inmersos xa no mes de Maio as diversas Competicións nas que participa o Club Atlético Sobrado Xuventude chegan o súa final ou ben ésta anda próxima.
Estes serán os enfrontamentos de esta fin de semana:

SÁBADO 3 DE MAIO:

Campionato Intercomarcal Benxamín de Deporte Escolar

Disputarase esta Fase Final no Pavillón Municipal de Meirás (Ferrol)

C.A.S.X - (Perdedor do partido Atlántico Ferrol - As Pontes) 17:00 h
C.A.S.X. - (Gañador do partido Atlántico Ferrol - As Pontes) 17: 45 h


2ª Autonómica Xuvenil Grupo II

C.D. Larín - C.A.S.X. 19:15 h

O equipo xuvenil afronta o seu penúltimo partido da tempada e busca unha victoria fronte un rival directo para adiantarlle na clasificación.

DOMINGO 4 DE MAIO:

3ª Autonómica Grupo IV

A.C.D. Poulo - C.A.S.X.

Peche da tempada ligueira para o equipo de Lito que este ano alternou rachas victoriosas con prolongadas sequías de puntos. O domingo agarda un partido "clásico" da 3ª autonómica no diminuto campo de Poulo (Ordes) onde o xogo directo soe imperar sobre o fútbol combinativo.

Sorte a todas as categorías

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: