xoves, 28 de agosto de 2008

"Fer" novo adestrador do 1º equipo

Un home da casa, Fernando Torreiro, máis coñecido no mundo futbolístico coma "Fer" dirixirá o destino do 1º equipo do Club Atlético Sobrado Xuventude na campaña 2008/2009.
Logo de unha reunión coa xunta directiva "Fer" amosouse moi ilusionado por esta nova etapa a fronte do C.A.S.X. e promete traballo, disciplina e ilusión a partes iguais.

O longo da reunión mantida na tarde-noite de onte a Directiva do C.A.S.X. estivolle informando a "Fer" sobor das novas incorporacións a súa vez que lle dou o total respaldo o seu traballo.
O equipo comezará os adestramentos mañá venres 29 de agosto a partires das 20:30 horas no Campo Municipal de Sobrado que servirá para unha primeira toma de contacto do técnico e os xogadores marelos.

O adestrador de Melide sustitue no cargo a Lito que adestrou o Club Atlético Sobrado Xuventude. O adestrador de Friol fixo unha gran laboura a fronte do 1º equipo logrando na súa primeira tempada a mellor clasificación na curta historia do clube (5ª clasificado).

A Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude quérelle dar o seu agradecemento a Ángel Buján "Lito" polo bo traballo feito o longo de estas 3 temporadas que traballou para o noso clube.

Desexamoslle toda a sorte do mundo a Fer na súa nova parcela deportiva.

Ningún comentario: