xoves, 11 de setembro de 2008

Campaña de socios 2008/2009

Está a piques de comezar unha nova tempada para o Club Atlético Sobrado Xuventude e xa temos a publicidade que figurará no cartel dos socios protectores.
Nel pódese apreciar a beleza do Mosteiro de Sobrado misturado con algo que nos identifica de xeito notorio: o rural galego.
Agardemos que este cartel nos de sorte para a vindeira tempada.

FAITE SOCIO XA!

2 comentarios:

Angel do Toques dixo...

Hola a todos e a todas, xa sei que tendes nervos pero é normal, e un partido esperado para todos, e sobretodo para mín. Volvo a xogar nun campo que me trae moi bos recordos e espero que este domingo sexa outro bo recordo.
Desexo sorte a todos e que o pasemos ben.

Ata o domingo, Un saúdo a todolos atléticos amarelos.

Víctor Cabanas dixo...

Qué pasa Xelo! toda a razón, voltamos a un campo especial, o Municipal de Vilasantar sempre ocupara un oco nos nosos corazóns, foi unha etapa estupenda e moi divertida. Que gañe o mellor e seguro que o pasaremos ben.

Un abrazo amigo, SEGUES SENDO DOS NOSOS!