martes, 9 de decembro de 2008

Afiánzanse


As dúas categorías que disputaron partidos oficiais nesta fin de semana gañaron a domicilio os seus partidos mostrando a competitividade da que dispoñen ámbalas escadras.
O equipo xuvenil gañou 3-4 fronte o Sp. Cambre Frisonoble "B" nun partido con moitos goles e no que o colexiado descontou 9 minutos na segunda metade, curiosamente a poucos minutos do final o resultado era de empate a 2 goles pero nos derradeiros momentos de encontro foi onde se decantou o partido do lado atlético. Os goleadores do C.A.S.X. foron Pablo Naveira (2), Mario Novo e Jorge Ares.
Por outro lado o equipo senior gañou no difícil campo do Sporting Meicende por 1-2. O equipo de Fer puido sentenciar na primeira metade pois ata en 3 ocasións (2 Nacho e 1 Guille) lle perdonou a vida o equipo branco e vermello e tan so Nacho foi quen de atinar na primeira metade coa portería rival, nun man a man co porteiro onde o noso dianteiro efectou un preciso disparo pegado ó pao dereito para adiantarse no marcador.
Pero 4 minutos máis tarde a mala fortuna ía vir visitar o C.A.S.X. pois nun centro do equipo local Roy no seu intento de despexe batía por toda a escadra a Andrés, o gol en propia porta supoñía o empate co que se chegaría o descanso.
Nada máis comezar a segunda metade o Atlético Sobrado ía marcar o gol que a postre sería o que dera a victoria. Nunha falta en medio campo quitada con moita precisión por Chinorris sería Javi Sánchez o que recibe ó borde da área e de unha espectacular vaselina marca un preciso e precioso gol que daban 3 puntos de ouro o conxunto adestrado por Fer.
A segunda parte faríaselle longa ó C.A.S.X. pois nos minutos finais, o Sporting Meicende máis habituado o campo artificial de grandes dimensións encerrou ó noso equipo no seu campo na procura do empate. O Atlético Sobrado intentaba pechar o partido con contras. O partido puido quedar decidido con antelación se o colexiado chega a ver o claro penalti do que foi obxeto David cando se dispoñía a rematar so fronte o porteiro ou noutra xogada a 4 minutos do final onde de novo David nunha contra íase adentrar na área e o defensa central local á desesperada dalle un empurrón preto da área, unha xogada que era falta e expulsión do defensa pois era ocasión manifesta de gol pero o colexiado quizais nervioso polos insultos e ameazas que estaba a recibir dende a grada non pitou nada e fixolle a David o aceno de que se levantase ante o estupor de todos os alí presentes. Non habería moito máis que destacar no partido e o equipo marelo acada outros 3 puntos (van 3 victorias de xeito consecutivo) valiosos para ir ascendendo posicións na táboa clasificatoria. Neste momentos o Atlético Sobrado é 9º empatado a puntos co 8º clasificado e con dous partidos menos que algúns dos rivais que o anteceden na táboa. A recuperacións da xente lesionada estase a transformar en bos resultados e a mala fortuna que nalgúns partidos nos acompañou como por exemplo Visantoña ou Abellá parece que remite. Ogalla siga así por moito tempo.

Ningún comentario: