xoves, 11 de decembro de 2008

Horarios dos vindeiros partidos

O sábado 13 de decembro comeza unha nova xornada ligueira para as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude. Comezarás as Categorías Inferiores xogando o citado sábado pola mañán en Paderne. Pola tarde hai dobre cita, xogarán en Vilasantar o equipo xuvenil e en Sobrado o equipo feminino.
Para a tarde do domingo 14 queda o partido do equipo senior.

ESTE É O RESUMO COMPLETO DE HORARIOS:

Sábado 13 de decembro

BENXAMÍNS: E.D.M. Paderne - C.A.S.X. 10:00 h

ALEVÍNS: E.D.M. Paderne - C.A.S.X. 10:50 h

CADETES: E.D.M. Paderne - C.A.S.X. 11:40 h

XUVENÍS: C.A.S.X - C.D. Dorneda 16:00 h ( Municipal de Vilasantar)

FEMININO: C.A.S.X. - Fisober F.S. (Vimianzo) 19:00 h (Pav. Mun. Sobrado)

Domingo 14 de decembro

SENIORS: C.A.S.X. - Encrobas (Cerceda) 16:00 h (Municipal de Vilasantar)

FORZA C-A-S-X

Ningún comentario: