martes, 16 de decembro de 2008

Resultados


Estes son os resultados das diferentes categorías nesta fin de semana:
Categorías Inferiores:
Benxamíns: E.D.M. Paderne 1 - C.A.S.X. 7
Cadetes: E.D.M. Paderne 0 - C.A.S.X. 12
Alevíns: E.D.M. Paderne 2 - C.A.S.X. 1
O equipo xuvenil perdeu 3-5 fronte ó líder Dorneda. A pesares de facer unha gran segunda parte os pupilos de Muni perderon parte das opcións de levar algo positivo no encontro xa na 1ª metade xa que o resultado do descanso xa era de 0-3 a prol do equipo visitante.
Na segunda metade coa entrada de Mario o Atlético Sobrado tivo máis presencia en ataque e o pouco de comezar o reinicio Pablo Naveira marcaría de falta o 1-3. Minutos máis tarde o equipo xuvenil poñíalle o medo no corpo o Dorneda ó marcar Mario o 2-3 que lle daba novos pulos o C.A.S.X. pero toda opción de remontada quedou en mera anécdota logo de que o Dorneda establecese o 2-4 de un gran lanzamento de falta. 3 minutos máis tarde e xa co equipo xuvenil volcado en ataque e a desesperada o Dorneda faría o 2-5. O derradeiro gol do encontro marcaríao Pablo Naveira para establecer o 3-5 final.
O equipo feminino perdeu faltando 8 segundos para o final do encontro 3-4 fronte o Fisober Vimianzo F.S. Sandra tivo que xogar de porteira xa que Laura non puido ser da partida por enfermidade. Adiantouse o C.A.S.X. por medio de Lucía pero uns minutos máis tarde ía empatar o equipo visitante. Co resultado de empate a 1 gol chegouse o descanso.
Na primeira xogada do encontro o Fisober íase adiantar 1-2.
A capitana e pichichi María non faltaría a súa cita co gol e establecería o empate a 2 goles. Ta sería a encargada de darlle a volta ó encontro e poñer de novo ó C.A.S.X. por riba no electrónico 3-2.
O Fisober, un dos mellores equipos da competición non se rendiu ata empatar o encontro a 3 goles. Logo de duos lanzamentos o pao por parte do equipo visitante o destino deparou un remate de partido cruel pois na derradeira xogada do encontro faltando 8 segundos un lanzamento lateral acabou no fondo das mallas da portería de Sandra para desesperación de xogadoras, corpo técnico e público.
O equipo senior de fútbol non puido disputar o seu encontro fronte ó Encrobas pois o colexiado do encontro dictaminou que unha das áreas do Campo Municipal de Vilasantar non estaba apta para a práctica do fútbol xa que había un risco serio de lesión. A neve caida na noite do sábado e na mañá do domingo perxudicaron o céspede do terreo de xogo. Chegouse a un acordo para xogar este partido o martes 6 de xaneiro (día de Reis) pero aínda falta a confirmación oficial por parte da Federación Galega de Fútbol.
Con este partido xa van 2 encontros aprazados neste ano. Recordemos que o domingo 27 de decembro disputarase o C.A.S.X. - Poulo aprazado polas nevadas de hai 2 semanas.
SAUDOS
FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: