xoves, 18 de decembro de 2008

Derradeira xornada do ano


Todos os partidos desta derradeira xornada ligueira do ano 2008 que disputará o C.A.S.X. xogaranse na tarde do sábado 20 de decembro.
As categorías inferiores non terán liga pois o domingo 21 disputan partidos da Selección Comarcal Lambre-Mandeo fronte a Selección da Mariña Lucense no Pavillón Polideportivo de Sobrado a partires das 16:30 horas.
Este é o horario:
16:30h Cadete
17:30h Infantil
18:30h Alevín
19:30h Benxamín
Voltando a tarde do sábado 19 desta volta comeza a xornada o equipo senior de fútbol que disputará a partires das 16:00 horas no Campo Novo de Curtis 3 puntos moi importantes para seguir avanzando postos na táboa clasificatoria fronte o pechacancelas C.C.D. Curtis. Os xogadores de Fer deberán ter especial coidado co estado do terreo de xogo pois parece que non presenta as mellores condicións.
As 20:00 horas haberá dobre cita: xogará o equipo xuvenil de fútbol fronte ó Portazgo no Campo de Fútbol de O Burgo (xa que o campo propio do Portazgo xa leva 3 partidos aprazados nesta campaña debido o seu estado). E tamén xogará o equipo feminino de fútbol sala a domicilio fronte O Pino F.S. O equipo que adestra Hassan quererá voltar a senda dos triunfos nesta derradeira xornada do 2008 (un ano especialmente bo para esta escadra).

Ningún comentario: