martes, 30 de decembro de 2008

Pleno de victorias nos últimos partidos do ano


O Atlético Sobrado Xuventude acadou pleno de victorias nas tres categorías superiores, é dicir, Xuvenís, Feminino e Senior en 3 partidos que foron aprazados no seu momento por diferentes motivos.
Xuvenís: C.A.S.X. 2 - Pastoriza 0
A continuación do partido no que so ían disputados 14 minutos e o Atlético Sobrado xa gañaba 1-0 con gol de Pablo Naveira non fixo máis que confirmar a victoria marela logo de que Javi Souto marcase o 2-0 mediada a segunda parte nunha xogada de extratexia con unha falta quitada por Fran que serve en banda dereita a Pablo Naveira que logo de regatear a 2 rivais da o pase da morte para que o citado Javi Souto mandase o esférico o fondo da rede nun chut forte e raso.
Importante victoria a dos pupilos de Muni fronte o 2º clasificado que motivara seguro a toda a escadra.
Feminino: C.A.S.X. 6 - Xerfa F.S. 2
As xogadoras que adestra Hassan seguen na senda das victorias e voltaron a impoñer a súa superioridade non sin atrancos pois o descanso chegouse co marcador 2-2. Na segunda metade o Atlético Sobrado fixo valer a súa superioridade para marcar 4 goles e gañar así o partido.As goleadoras foron a pichichi María (outro hat-trick), Luci (2) e Ta.
Senior: C.A.S.X. 4 - Poulo 2
Brilante partido do equipo senior fronte un dos rivais máis difíciles da categoría. O partido tivo a anécdota de que no Colexio de Árbitros olvidáronse designar colexiado para este encontro e logo de chamar o teléfono de emerxencia arbitral houbo que agardar máis de unha hora a que chegase o director do encontro (e grazas por chegar).No partido comezou o Poulo dominando pero os 12 minutos o C.A.S.X. íase adiantar nunha gran xogada combinativa na que Luis mete o balón o oco a David que ante a saida do porteiro tíralle unha excelente vaselina que culmina nun golazo.No minuto 28 ía chegar o segundo, excelente xogada de Nacho que o domingo brilou en banda dereita, saca o centro e David en boca de gol remata o fondo da rede o segundo da tarde.Con un C.A.S.X. raiando a gran altura chegouse o descanso.O equipo de Fer lonxe de intentar manter o resultado no segundo período foise a por máis goles e seguiu indo o ataque, noutra lección de como se fai un contragolpe, o balón chega a Chinorris en banda esquerda que pon un preciso e precioso centro para que Luis de expléndido remate de cabeza bate por alto o porteiro do Poulo.Pero aínda non quedaría así a cousa, Nacho, de novo en banda dereita, un pesadelo para a defensa do Poulo pon outro excelente centro e David imponse de cabeza os centrais visitantes marcando un golazo e pechando o festival goleador do Atlético Sobrado. Co hat-trick acadado o domingo David iguala a Nacho na cabeza de goleadores marelos con 5 tantos. Ségueos Luis con 4 goles.O Poulo recurtaría diferencias nun penalti que foi precedido por unha falta clarísima a Pichi que sen lugar a dúbidas era cartón marelo pero o colexiado non quixo ver.No minuto 88 chegaría o derradeiro gol do partido a cargo do Poulo, un gol olímpico de bela factura.Con este resultado o C.A.S.X. colócase na 6ª posición con 17 puntos e con dous partidos menos xogados que o segundo clasificado o San Martiño que ten 23 puntos.
Nada máis.
DESEXARVOS QUE TEÑADES UN FELIZ 2009 E QUE DISFRUTEDES A TOPE!
GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AHÍ.
SAUDE PARA TODOS
FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: