mércores, 7 de xaneiro de 2009

Imparable

O equipo senior do Club Atlético Sobrado Xuventude segue imparable a súa escalada cara os postos altos da clasificación.
Nestes días o equipo que adestra Fer disputou 2 encontros: fronte o Vilamaior e fronte o Encrobas na tarde de onte (este último fora aprazado no seu día debido a unha importante capa de neve que cubría unha das áreas do Municipal de Vilasantar).
No partido fronte o Vilamaior o resultado foi 0-0 un resultado que deixou mal sabor de boca no noso equipo pois o Atlético Sobrado foi o gran dominador do encontro e erramos clarísimas ocasións de gol, ata 6 veces se cantou o gol local pero este non chegaría. Ademáis o colexiado nun erro que puido cambiar o signo do partido anuloulle un gol legal a David tras pase do xuvenil Mario no que o colexiado mal posicionado decretou fora de xogo mentres o dianteiro marelo estaba ubicado por detrás do esférico. Pola súa parte o Vilamaior tivo un triple ocasión na primeira metade que detivo con gran acerto o cancerbeiro Andrés e outra na segunda metade onde o seu dianteiro Tacón errou un claro remate de cabeza.
Na tarde de onte o C.A.S.X. disputou o encontro aprazado fronte o Encrobas, o resultado foi 2-0 a prol do noso equipo con goles na segunda metade de Nacho que con este gol (o 6º da Liga) ubícase pichichi da categoría empatado co dianteiro do Vilamaior Tacón e de Chino logo de transformar un penalti que él mesmo sufriu.
A Makina Amarilla costoulle "abrir a lata" pois no primeiro tempo errou 2 claras oportunidades e os minutos pasaban pero o gol non chegaba. Sería mediada a segunda metade logo de un córner que sae rexeitado, o balón chégalle en banda dereita a Pirulo que pon un excelente centro, o balón chegalle a Nacho e o pichichi "a trancas e barrancas" acaba marcando o gol que adiantaba os marelos.
Xa no minuto 84 chegaría o gol da tranquilidade nun claro penalti que sufriu Chino que tras adentrarse na área o central visitante derribao con contundencia podendo incluso habelo mancado de gravidade. O penalti transformouno él mesmo e con este suma 2 goles nesta tempada, un xogador que está habituado a marcar máis goles pero que este ano está a facer un magnífico traballo en posicións máis retrasadas e o equipo estase a beneficiar notoriamente.
Dicir tamén que volvimos a sufrir o arbitraxe de Julián, o de este colexiado é tristísimo, voltounos a pitar 4 foras de xogo que él se inventou e a verdade é que xa estamos comezando a estar un pouco fartos de este tipo, unha vez vale, dúas tamén, pero sempre pitando a mala fé xa non fai gracia ningunha.

- Por outra banda reseñar tamén que o equipo xuvenil tiña partido este sábado fronte o Cire Melide pero o colexiado que estaba designado enfermou e mandou unha circular a Federación para avisar pero por unha neglixencia non se designou outro colexiado e o partido quedou sen disputar. Agora haberá que agardar a outra data para saber que día se xoga o encontro.

Ningún comentario: