martes, 24 de febreiro de 2009

Xornada de agresións

O de esta xornada é sinxelamente indignante. Tanto cos equipos contra os que xogamos en categoría xuvenil e senior por fomentar a violencia e por riba tristemente envalentonarse por elo coma polos colexiados que permiten estas actitudes noxentas e pouco favorables para o deporte. Ogalla chegue algún día no que se sancionen como se merecen as agresións e as ameazas e se limpe o deporte de unha santa vez. Algúns directivos deben reflexionar e pensar que os primeiros que non deben fomentar a violencia (tanto física coma verbal) son eles e servir coma exemplo a plantel e afeccioados. Desgraciadamente nalgúns casos ocorre todo o contrario e parece ser que lles vai máis a vea "holligan" que a vea pacífica. Eles verán...

2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Oza dos Ríos 1 - C.A.S.X. 4

Goleada doada dos xogadores de Muni fronte un colista Oza dos Ríos o que seguramente se o equipo estivese federado a Kick Boxing estarían máis arriba na clasificación. Semana tras semana na federación non deixan de chegar sancións de este equipo por agresións a equipos rivais e colexiados. Esto ten que parar xa e pensar que "a coña" de todas as semanas un día vai a ser algo sería do que o mellor todos nos lamentamos. Toca reflexionar.

No partido do sábado sufrimos 2 agresións que o colexiado non quixo ver por "acojone" (disculpádeme a palabra) e non hai dereito a que ningún xogador traia marcas para a casa porque un par de dementes non saiba perder. Parte de culpa téñena os directivos que teñen que ser os primeiros en reprobar esta serie de actitudes e non fomentar a violencia. O Oza sufriu 2 expulsións pero puideron ser máis. O final do encontro o público queríalle pegar a Ruchi porque segundo eles: "dou moitas patadas no partido". En fin... para que comentar nada logo de 1-4, o marcador deixa ben as claras o que ocorreu no terreo de xogo. Menos mal que había algúns pais do noso equipo e puideron separar a gresca que se aveciñaba, aínda así o colexiado non reflectiu nada na acta arbitral.

Os goles foron marcados por Iván Cabado, Javi Souto, Fran Miraz e Diego Amil o gol dos locais foi marcado por Kevin Cabado. Con este resultado o C.A.S.X. segue a 1 punto dos postos de dan acceso directo o ascenso a 1ª Autonómica.

------------------------------------------------------------------------------------------------

Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Esteirana F.S. 1 - C.A.S.X. 5

O equipo de Hassan presentouse en Esteiro (Muros) sen a súa porteira Laura, aínda así a portería estivo ben salvagardada pois Sandra, agora bautizada como "Zubi" tan so encaixou un gol fronte o equipo colista da competición.

O C.A.S.X. xa pechou a victoria na primeria parte chegando o descanso con un claro 0-3. Os goles foron marcados por Ta que acadou un "hat trick" e María en duas ocasións. Con esta victoria o noso equipo segue 2º empatado co líder o Drako Noantía F.S. aínda que con dous partidos máis.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

3ª Autonómica Grupo IV, fútbol: A.D. Abellá 2 - C.A.S.X. 0

Chegou a 4ª derrota da tempada tres meses e medio despois. O equipo de Fer viaxaba a Abellá para intentar achegarse a 4 puntos o 2º clasificado pero non foi quen de acadalo.

A "Makina Amarilla" dominou na primeira metade e tivo máis e mellores ocasións que o seu rival pero non as transformou polo que se chegou co resultado inicial o descanso.

Na segunda metade, entre xogadores locais (que agrediron a Guille e Esteban coa condescendencia do colexiado que torcía a cara para non ver nada) e o público que insultaba (sabedores do moito que se xogaban) lideras polo seu presidente que se ofendeu porque despois de insultar os nosos afeccioados estes non lle quixeron mercar rifas e ameazou con votalos das instalacións; encargaronse de quentar o encontro para levalo o terreo que mellor saben o do fútbol rastrero e levarse o partido. O colexiado pitou un penalti máis que dubidoso a favor dos locais que Andrés Miraz parou. Pero logo outra "melé" iniciada polos xogadores locais chegou o primeiro gol do Abellá no minuto 70 obra de Cachopal. A partires de que lograron o primeiro gol os ánimos calmaronse pois xa tiñan o partido no seu terreo gracias a colaboración de un colexiado que non vía as agresións que sufriamos pero si que lle influian as nosas protestas que as saldaba con cartón marelo. Esteban sufriu un codazo no labio, acabou sangrando... e levandose o cartón por protestar, eso sí o agresor acabou o partido. O mesmo lle pasou a Guille que levou unha forte colleja propinada polo capitán local Sergio pero o colexiado torceu a cabeza para outro lado e dixo que non vira nada.

O segundo gol local xa chegou co tempo cumprido obra tamén de Cachopal que sentenciaría o choque e deixa o Atl. Sobrado a 10 puntos do 2º clasificado. Queda moita liga e loitaremos ata o final.

Estamos nun punto que o equipo que meta moitos afecciados no campo dispostos a caer moi baixo insultando o equipo rival e ameazando o colexiado e ademáis teña dentro do campo a dous ou tres xogadores capaces de agredir a un compañeiro de xogo (porque non olvidemos que os do equipo contrario son compañeiros de xogo) terá moito andado para gañar os partidos. Visto o visto, canto mellor tratas os colexiados e menos problemas lles creas peor te tratan a ti. Sinxelamente dende o Club Atlético Sobrado Xuventude condenamos unha vez máis a violencia e denunciarémolo unha e outra vez ata que xogadores, adestradores, directivos e afeccioados pensen que o fútbol é solo un xogo e non unha guerra nin unha batalla campal e que o máis bonito que hai no deporte non é gañar senón darlle a man a un rival unha vez finalizado o encontro.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: