xoves, 26 de febreiro de 2009

Xuvenís: Atlético Sobrado 3 - Cire Melide 4

O pasado martes de Entroido disputouse en horario matutino no Campo Municipal de Vilasantar o encontro de xuvenís C.A.S.X. - C.I.R.E. aprazado no seu momento por incomparecencia arbitral.
O derbi foi entretido, con alternancia no marcador e con moitos goles (7),
O C.A.S.X. comezaría dominando o encontro e o cuarto de hora xa gañaba 2-0 con goles de Javi Souto e Pablo Naveira ademáis o cadro marelo estaba a desplegar un gran fútbol neses momentos e marrou infinidade de oportunidades que ben poderían haber sentenciado o choque na primeira metade. Pero está claro que no deporte quen perdoa paga e así ocorreu; o Cire recurtou distancias e cando se estaba a piques de chegar o descanso empatou o partido a 2 goles.
Na segunda metade o C.A.S.X. acosou a expulsión de Alberto Márquez que tivo que sair do terreo de xogo logo de cometer un penalti.
O Cire púxose en vantaxe 2-4 e sería de novo Pablo Naveira o que poñería a incertidume no marcador co 3-4. Preto do final do encontro chegaría a polémica do partido pois o noso equipo sufriu un claro penalti que o colexiado non pitou (non estamos a ter ningunha sorte coas arbitraxes) e que os xogadores foron a protestar coa impotencia e inxustiza que da ver como unha clara pena máxima non é cobrada.
Chegouse así o final dun partido no que o C.A.S.X. desperdiciou a oportunidade de poñerse en postos de ascenso pero queda moita liga e seguiremos loitando.

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: