Reunido o Subcomité de Competición de A Coruña deliberou que 1 xogador do Atlético Sobrado e 2 do C.C.D. Curtis non poderán ser da partida no partido que enfrontará ámbolos conxuntos o vindeiro sábado 28 a partires das 16.15 horas no Campo de Fútbol Municipal de Cabrui (Mesía).Por parte do Atlético Sobrado Alejandro Márquez terá que cumplir un partido de sanción logo de ser expulsado fronte o C.D. Obrero na pasada xornada.
O subcomité castigou duramente o equipo de Curtis; así o seu xogador Óscar Martínez terá que cumplir 4 partidos de sanción, mentres que o seu compañeiro Alejandro Vilariño descansará 2 partidos. Ademáis tamén se multa o clube curtense con 60€ adiccionais logo de que un afeccioado agredise o colexiado do Arzúa - Curtis da semana pasada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario