xoves, 10 de decembro de 2009

Senior: o fútbol é así

Non puido ser..., o Atlético Sobrado voltou a caer derrotado por 4ª semana consecutiva, pero sen lugar a dúbidas sen merecelo. Con un plantel moi mermado, o equipo marelo só puido presentar 12 xogadores no partido do domingo.
Se algún equipo mereceu gañar ese foi sen lugar a dúbidas a Mákina Amarilla que dispuxo de bastantes ocasións a balón parado pero non foi quen de perforar a meta rival.
Na segunda metade máis do mesmo, maior presencia ofensiva do Atlético Sobrado que non daría os seus froitos. O Oza "B" tiraría de estratexia para levarse os 3 puntos e na saida de un córner un xogador visitante remata so no pico da área e o esférico introdúcese na meta de Cuadrado, un Cuadrado que por outra banda cuallou un excelente encontro.
Posteriormente chegou a expulsión de Juan logo de agarrar a un rival cando éste xa ía encarar a Cuadrado, o C.A.S.X. con 10 homes seguiu levando perigo a balón parado pero as "fadas" conxuráronse para que os 3 puntos voaran do municipal sobradés e o esférico seguiu sen ver rede.
Nun rifi-rafe logo de unha falta a favor do Sobrado, Pichi e un xogador visitante serían expulsados quedando 9 contra 10.
O Oza puido sentenciar o encontro nun roubo de balón logo de un saque de curruncho, de xogadores visitantes plantaronse sos con Cuadrado que estivo hábil, rouboulles o balón saindo da área a abortou así unha xogada de perigo extremo. O C.A.S.X. aínda tería 3 oportunidades máis, a primeira na cabeza do pichichi David que se foi fora e as dúas seguintes Luis. Na primeira Luis engancha unha volea segundo lle ven a uns 3 metros da área pequena e o balón sae rozando o pao cando xa se cantaba o gol na grada. A derradeira oportunidade do encontro foi no minuto 93, nunha falta excelentemente executada polo propio Luis pero o balón dou no longueiro e saiu a continuación. Chegouse ó final cunha agria derrota, pois o Sobrado mereceu máis pero os puntos viaxaron a Oza. Agardemos pasar o pesadelo deste mal mes e voltar a recuperar a senda dos bos resultados.

Ningún comentario: