xoves, 10 de decembro de 2009

Xuvenís: o empate da deixadez

Cando fago as crónicas non me gusta ser duro con ningún equipo e menos evidentemente co noso pero o empate que colleitaron (ou máis ben regalaron) os nosos xuvenís é para mencionar e sentirse defraudado. De feito, a opinión xeral dos espectadores do encontro o final do partido era de enfado cos xogadores pola mala actitude mostrada, pola desgana, e por esa falta de ambición para lograr os tres primeiros puntos que tanto tardan.
Comezou moi ben o C.A.S.X. o encontro pois os 8 minutos Iván Cabado xa marcara o primeiro gol de cabeza do encontro. A este tanto seguírono dous máis de Damián que poñía nunha clara vantaxe de 3-0 o encontro (dicir que o Unión Campestre xogou con 10 homes todo o partido por non dispoñer de máis efectivos para afrontar o encontro).
Antes do descanso o Unión Campestre faría o 3-1 nun erro defensivo dos locais, con ese resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade a actitude dos homes de Pirri foi lamentable, reprochable e digna de ser mencionada. Eles soiños se deixaron 2 puntos no encontro, pois non é normal que se erren 5 man a man co porteiro, que haxa un contragolpe do equipo rival e 6 xogadores marelos baixen andando coma se non fora con eles a guerra deixando vendida a defensa e o porteiro e non unha nin dúas, senón ata 4 veces ocurriu esto a pesares das arengas do público que lles pedía que baixasen defender e axudar os compañeiros de zaga pero nin por esas... a feira non ía con eles e así foi ó final. O Unión Campestre fixo o 3-2, os 3 minutos Iván é expulsado por doble amonestación e cando faltaban 7 minutos para o final chegaba o 3-3 que estaba claro que sucedería pois andando non se lle gaña a ninguén, estes primeiros ou penúltimos clasificados. O Unión Campestre aínda tivo a opción de marcar o 3-4 pero o dianteiro visitante non estivo atinado. O final reparto de puntos, un punto que sabe a derrota, e ademáis das dolorosas pois de ter o partido gañado a empatalo a pesares de xogar 75 minutos con un home máis é para reflexionar. Agardo que os xogadores fagan exame de conciencia...

Ningún comentario: