mércores, 2 de decembro de 2009

Senior: o melindre de Melide, a torrixa de Sobrado

O derbi do pasado domingo poderíamolo metaforizar adxudicándolle un postre a cada equipo. O Cire "regaloulle" 6 Melindres o Atlético Sobrado que pola súa banda otorgoulle o seu rival unha "torrixa" nos segundos 45 minutos digna de ser mencioada.
Calqueira que vise o partido enteiro non se pode creer que era o mesmo equipo marelo o que saltou o terreo de xogo nos primeiros 45 minutos e nos 45 restantes, na primeira metade o equipo do adestrador melidense Fer estivo ben plantado sobre o terreo de xogo, sen erros nas marcas, creando ocasións e intentando xogar o balón a pesares do anegado que estaba o terreo artificial de Melide.
Un único despiste defensivo custoulle o primeiro gol da tarde o equipo marelo, nun balón rematado por Popitas de cabeza. O Cire na primeira metade so fixo este tiro entre os 3 paos e casualmente foi gol. O Atlético Sobrado pola súa banda intentaba tiros lonxanos xa que o Cire estaba moi pechado. A Makina Amarilla fixo bo fútbol na primeira metade e tivo máis ocasións que o seu rival. Na derradeira xogada da primeira metade chegou a parte "antideportiva" e repudiable do fútbol, nun córner a favor do Atlético Sobrado cando Miguel Liboreiro se dispoñía a rematar o xogador local Rafa, sen haber balón polo medio nin nada que se lle parecese soltalle un puñetazo ó noso xogador en todo o vientre e Miguel queda tendido no chan. O colexiado, Don Julio para máis señas (un clásico de terceira autonómica a pesares da súa idade) dixo que non vira nada (esto xa nos sona de hai uns anos no Mesón do Vento con este mesmo colexiado, tampouco viu nada a pesares de que un xogador vestido de rúa saltou o terreo de xogo e intentou agredir a Chany, montándose un "pifostio" que aínda hoxe é recordado, dende aquel día a este colexiado coñecémolo como "o do palillo na orella" pois arbitrou de esta guisa naquel lamentable partido en terras de Ordes) e decretou o descanso do encontro. De novo unha agresión dun rival era perdoada e o xogador melidense tíñase que haber ido á caseta antes do descanso. Un fraco favor para o fútbol.
A segunda metade nada tivo que ver coa primeira, con un Atlético Sobrado máis impreciso, erróneo nos pases, con erros defensivos clamorosos..., un desastre.
O segundo gol chegou a saida de un córner, Popitas remata so na área pequena, sen marca, sen a oposición do porteiro nin nada de nada, un gol de infantís.
O pouco chegou o terceiro, a defensa e o porteiro visitante enténdense mal nun saque de portería, o Cire recupera a posesión en zona perigosa, un xogador melidense lanza dende o borde da área un ténue disparo pero incomprensiblemente Andrés en vez de chapar o balón intenta despexar deixándolle nos pes a Jechu o esférico que facía o terceiro.
No cuarto gol máis do mesmo, Juan intenta facer un regate pero roubanlle o balón preto de área propia o balón chega a Jechu que aloxa o esférico na rede. As caras dos xogadores visitantes de impotencia dicíano todo.
Miguel Liboreiro apelando o orgullo ferido faría o 4-1 logo de un gran lanzamento dende uns 20 metros o que o porteiro local so puido seguir coa mirada. Peque faría o 5º gol nountro regalo defensivo e Pucha pecharía co 6-1 preto do final o festival goleador azul. Un conxunto o Cire, que sen desmerecer a súa gran laboura tanto en traballo táctico coma en desplegue físico atopouse con un regalo en forma de partido na segunda metade. Fer e Nacho foron expulsados por protestas ó colexiado, un trenciña ó que parece que as protestas si que lle doen, non así ver como Miguel Liboreiro é víctima de unha agresión que quedou impune. En fin..., menos mal que xa quedan poucos colexiados da "antiga escola", cando estes se xubilen todos os equipos respiraremos tranquilos pois as novas xeracións veñen con máis gañas a arbitrar, gústalles a súa vocación e non veñen só polos cartos.

Haberá que agardar...

Ningún comentario: