mércores, 2 de decembro de 2009

Feminino: apagón... e victoria

O equipo feminino colleitou unha nova victoria no seu feudo fronte ó Femiordes F.S. polo tanteo de 2-0 equilibrando así a balanza (3 victorias e 3 derrotas).
O encontro tivo unha protagonista coa que ninguén contaba: a tronada; que cos seus "chispazos" fixo que ata 3 veces se tivese que deter o encontro logo de que se fora a luz do Pavillón Polideportivo Municipal de Sobrado. Debido a que os focos da pista tardan en cargar desde que se apagan houbo fases do partido que non se xogou con toda a luz a pleno rendemento pero si suficiente para que o partido seguira o seu curso de maneira axeitada.
Nunha primeira metade moi igualada, onde os equipos se amosaron respeto mutuo e onde cabe destacar dúas boas oportunidades do Atlético Sobrado que rexeitou a porteira de Femiordes e unha paradón de Laura nun man a man con unha xogadora visitante, chegouse o descanso co resultado inicial de 0-0.
Na segunda metade o partido seguiu a mesma tónica de moito respeto e os equipos ben colocados ata que Patricia Sánchez no minuto 4 da reanudación acertou a rematar un excelente pase de Sara que ante a saida da porteira visitante marcou por raso pegado ó pao dende o borde da área.
Sería a capitana María Seoane quen ampliaría diferencias faltando 8 minutos para o remate do encontro nunha xogada calcada a do primeiro gol, excelente pase de Lucía ó borde da área e a "número 10" local marcaba raso e pegado o pao deixando o partido case sentenciado.

Tivo algunha opción o Femiordes de recurtar diferencias pero unhas veces Laura e outras veces o pouco acerto visitante fixeron que o resultado non se movese e que o plantel dirixido por Hassan dese unha alegría a parroquia local en forma de victoria. Con este resultado o Atlético Sobrado afiánzase na zona media da táboa la Liga Provincial empatandolle a puntos precisamente o rival ó que se enfrontou na tarde do sábado, o Femiordes F.S.

Ningún comentario: