xoves, 7 de xaneiro de 2010

Derrota fronte ó Vizoño B


Non fixo un mal partido o Atlético Sobrado na primeira xornada do ano 2010, unha xornada que deparaba unha visita a Vizoño fronte a un rival que históricamente non se nos da ben no seu feudo e unha vez máis a maldición seguiu e non se puido traer nada positivo.
O partido comezou con ambos rivais amosandose respeto mutuo e con poucas oportunidades de gol. Sería Chino quen abriría o marcador con unha fermosa vaselina logo de aproveitar a falta de entendemento entre os dous centrais Vizoñistas.
Logo de un enorme golpe contra o muro de un dos fondos do campo o goleador David tivo que ser sustituido xa que sufriu unha rasgadura nunha orella e sangraba en abundancia.
O Vizoño ía aproveitar para marcar o empate logo de un erro garrafal da defensa e o porteiro sobradés xa que ninguén estivo atinado para despexar o esférico logo de andar a rondar pola área visitante, un dos dianteiros locais andivo máis listo e estableceu o empate.
As malas novas non ían máis que comezar pois o Vizoño aproveitou outra falta de entendemento da defensa marela e un dos seus xogadores plantouse man a man con Cuadrado, o atacante estivo atinado e mandou o balón ó fondo da rede.
Chegouse o descanso co 2-1.
Na segunda metade o Sobrado volcouse sobre a meta visitante e incrementou o dominio mentres o Vizoño agardaba para lanzar contras onde pillarlle a espalda o equipo marelo e finiquitar o partido. No partido foron incrementando as protestas e o colexiado cansouse de amosar cartóns, 2 de eles foron para Roy que foi expulsado.
A 10 minutos do final unha falta lanzada por Chino da no pao cando xa todos os afeccioados visitantes cantaban o gol..., o Sobrado seguiuno intentando. A derradeira ocasión do encontro tería Víctor Gómez no minuto 92 logo da saida de un córner o rexeite queda nos pes do dianteiro de Boimorto e o seu chut bate no longueiro da portería local para desesperación dos xogadores e siareiros visitantes. Intres despois o colexiado decretou o final do encontro.
Esta claro que o equipo non está ben pero a sorte tampouco o está a acompañar, se a racha fose outra este partido gañabase pero o "señor balón", que o fin e o cabo é quen decide as derrotas e as victorias, está de uñas co Atlético Sobrado, a pesares de que o noso equipo gusta do bo trato de esférico, agardemos que o "señor balón" se dé conta de que o noso equipo tratao ben e querelle e nolo recompense en goles.

Saúdos

Ningún comentario: