mércores, 20 de xaneiro de 2010

Seniors: Atlético Sobrado 3 - C.D. Mesía 1

Comezou a segunda volta do mellor xeito posible para os homes de Fer, logo de 8 xornadas consecutivas sen coñecer a victoria por fin chegaron os ansiados 3 puntos. Logo da revolución feita por Fer, o equipo inicial presentaba 3 xogadores xuvenís: Damián, Anxo e Alberto Márquez, que raiaron a un altísimo nivel levantando os "olés" do público en máis de unha xogada.
Na primeira metade o Atlético Sobrado aportou máis ó ataque ca o seu rival intentando por todos os medios adiantarse no marcador..., e co paso dos minutos así foi..., Nacho e Miguel Liboreiro (que cada vez que se asocian fan unha conexión letal) elaboraron a xogada que abriría a tarde goleadora. Nacho recupera en tres cuartos de campo o esférico, logo de tirarlle un caño a un centrocampista mesián levanta a cabeza e mira o desmarque do medio centro vigués-santiagués-sobradés, Miguel Liboreiro fai un control arientado o recibir o balón e ante a saida do porteiro culmina unha espectacular xogada con gol que fixo aplaudir a rabiar ó Municipal sobradés. Pasada a media hora o partido enmarrullaríase e Carreteras por parte visitante e Nacho por parte local foron expulsados na mesma xogada polo que ámbolos equipos afrontarían o resto do partido con 10 efectivos. O Sobrado foi con vantaxe mínima o descanso pero dando unha sensación moi boa a pesares de ter baixas coma Esteban, Roy, Luis, Guille, Víctor Gómez ou Javi Sánchez.
Na segunda metade o xogo volveuse bronco e o colexiado non soupo parar a tempo o xogo duro, unha vez máis castigou máis as protestas que as patadas de ahí que os pupilos de Fer visen 5 cartóns marelos (3 deles por protestar).
O Mesía empataría con soberbio golazo do seu número 9 que viu adiantado a Andrés Miraz e o seu lanzamento lonxano entrou por toda a escadra local.
Logo de este gol houbo uns minutos de respecto entre os dous rivais onde se viu pouco fútbol pero si moita entrega. O partido ía condenado ó empate a 1 final pero unha xogada a balón parado ía desequilibrar o encontro para o bando local. Córner a favor do Atlético Sobrado que executa Miguel Liboreiro, aparece Pirulo no punto de penalti sen marca e o seu remate de cabeza acaba no fondo da rede a pesares de que un defensa do Mesía incluso parou o balón coa man no seu intento de que non entrase o esférico. O Municipal berrou de xúbilo coa consecución do tanto de Pirulo que supón o segundo gol na súa conta particular desta tempada e que adicou a súa muller María que está en estado de boa esperanza facendo o xesto que fixo famoso Bebeto no Mundial de Futbol de 1994 en Estados Unidos, é dicir, "acunando" cos brazos.
Pero aínda quedaba por ver un espectacular gol do outro central do equipo, Juan saca o balón xogado dende a súa parcela defensiva e tras regatear a varios rivais súmase o ataque pero os defensores do Mesía incerceptan o esférico pero vólveno a perder rápidamente, o balón chega de novo a Juan, que arranca cara a portería, un defensa intenta paralo pero non da chegado, o porteiro visitante sal cara ó defensa do Atlético Sobrado para intentar desbaratar a ocasión pero Juan sorprende a propios e extranos mandándo unha impresionante vaselina que se convirte nun auténtico golazo. Os xogadores locais saltaron "a troppel" enriba de Juan celebrando o primeiro tanto nesta campaña do defensa de Vilariño-Foxado e sabedores de que a victoria xa non se escapaba pois era o minuto 88. Así se chegaba ó final do encontro onde cabe destacar que ó xogador número "2" do Mesía non lle sentou moi ben a derrota pois quixo montar tangana con Miguel Liboreiro e logo con varios xogadores máis, curiosamente este mesmo xogador o ano pasado e tras perder tamén 3-1 ó final do encontro quíxose enzarzar con Luis pois non lle sentou ben que o extremo marelo lle tirase un caño e o regatease..., en fin...

Noraboa os xogadores pola merecida victoria.

Saudos

Ningún comentario: