mércores, 20 de xaneiro de 2010

Xuvenís: Atl. Sobrado 1 - Boimorto C.F. 1

Magnífico partido dos homes de Pirri que a pesares das numerosas e importantes baixas cuallou un bo encontro. O equipo xuvenil desplegou un bo xogo tanto na primeira coma na segunda metade e tan so a mala fortuna está a evitar que chegue a ansiada primeira victoria. Os tres últimos partidos xogando como local cóntanse por empates.
Diego Amil sería o encargado de abrir o marcador na primeira metade tras marcar de cabeza aproveitando o rexeite do porteiro vermello, pero esta non sería a única oportunidade do Sobrado pois Jorge con un lanzamento de longa distancia estivo a piques de marcar pero o cancerbeiro boimortés fixo unha excelente estirada para mandar o balón a córner. Pola súa banda a ocasión máis claro do Boimorto estivo nas botas do ex-xogador do C.A.S.X. Jorge Ares, pero no man a man o porteiro Samuel estivo colosal e quitoulle o balón cos pes.
O Atl. Sobrado foise os vestiarios con vantaxe no marcador.
A segunda metade foi un calco da primeira con dous equipos moi parellos e con algunhas oportunidades importantes para ambos bandos. O empate visitante chegaría logo de un saque de esquina, onde Miguel Combo e Samuel non se entenden, o central intenta despexar o esférico de chilena e o redondo elemento vai cara o pico da área, alí recolleo un xogador do Boimorto que vendo que Samuel aínda estaba volvendo a súa posición natural pica o balón que entra rozando o pao longueiro local.
A pesares do empate o Atlético Sobrado non se veu abaixo, todo o contrario, firmou varios contragolpes perigrosos que non encontraron rematador. O Boimorto tería o 2º gol nas botas de novo de Jorge Ares no minuto 87 que se encontrou outra vez nun man a man con Samuel, pero o cancerbeiro marelo tapou ben o oco e Jorge disparou fora da portería.
A última clara ocasión do encontro tería xa con tempo cumplido Diego Amil, corría o minuto 91 cando o dianteiro marelo encontrouse un balón a uns 30 metros da portería visitante, correu o pao do seu defensor pero éste non lle puido quitar o balón, nada máis pisar a área grande quedouse man a man co porteiro pero o seu lanzamento cando xa todos cantabamos gol, saiu rozando o pao para desesperación da parroquia local. Pouco despois o colexiado decretou o final do encontro. Un encontro onde os rapaces de Pirri saen moi reforzados polo gran partido que fixeron.

Seguro que axiña chegará a primeira victoria.

Ningún comentario: