martes, 9 de febreiro de 2010

Feminino: Atl. Sobrado Xuventude 2 - Sada S.F.S. 4

As xogadoras de Hassan sufriron unha derrota en terreo propio, o noso equipo acusou de xeito notorio as numerosas baixas que lle fixeron perder opcións para sacar algo positivo do enfrontamento.
O equipo de Sada chegou a ir 0-4 por riba no electrónico pero nunha mostra de pundonor e garra, o Atlético Sobrado conseguiu anotar ata en 2 veces na portería rival, as goleadoras locais foron Patricia Fuentes e María Seoane.

Ningún comentario: