martes, 9 de febreiro de 2010

Senior: Visantoña 3 - Atl.Sobrado Xuventude 3

Partido de idas e vidas o disputado na tarde do domingo en O Vedral (Abellá-Frades) xa que o Visantoña CF esta a remodelar o seu campo, cambiando o céspede natural polo artificial. Fer dispuxo un once con 4 xuvenís no equipo inicial, tres de eles en liña de defensa Iván Cabado (lateral dereito), Miguel Combo (central) e Alberto Márquez (lateral esquerdo), por diante deles coma pivote defensivo tamén xogou Anxo.
Nun partido onde calqueira resultado puido ser posible, o colexiado erixiuse sen querelo no protagonista desafortunado do encontro.
Comezou tendo o esférico o Visantoña nos primeiros minutos de encontro, ó C.A.S.X. costoulle desperezarse e ata pasados 7 minutos non se achegou con perigo a portería visitante, sería Luis con un rápido contragolpe pero o seu forte lanzamento saiu moi desviado.
Corría o minuto 21 de encontro e chegaría a primeira xogada polémica do partido, o colexiado do encontro anula un gol o equipo local por considerar fóra de xogo de un dos atacantes do Visantoña.
No minuto 28 ía chegar o 1-0 logo de que a balón parado un dos centrais locais marque na portería de Cuadrado.
O empate a 1 gol chegaría a balón parado, falta lateral sacada maxistralmente por Miguel Liboreiro ó corazón da área e alí aparece David para de cabeza establecer o empate a 1 no marcador.
Con este resultado chegouse ó descanso.
Na segunda metade os dous equipos tiveron varias oportunidades claras de adiantarse no electrónico pero non andiveron atinados ata que o colexiado se inventa un penalti para incredulidade de todos (incluido o público local que se ría a mandíbula aberta polo incrible penalti que acababa de decretar o colexiado). A escea foi a seguinte, un xogador local recibe o balón dentro da área, Esteban e Alberto Márquez estan a cubrilo perfectamente sen que o atacante do Visantoña teño opción de avanzar cara a portería de Andrés, ningún dos defensores marelos lle toca o xogador local, este ante a posibilidade de avanzar tírase de xeito clamoroso e o colexiado decreta penalti. Estupor e indignación na expedición visitante, o penalti sería lanzado e transformado por Marcos Martínez.
A partires de ese momento (faltaban 17 minutos) o Visantoña decidiu dormir o partido e intentar perder tempo, pero nunha contra do Atlético Sobrado e logo de unha serie de rexeites da defensa local David aproveitase de un deles para marcharse so a portería e marca escorado logo de dar o esférico no pao, era o minuto 89 e facíase xustiza tanto polo visto sobre o terreo de xogo coma polo penalti inxusto.
Pero o C.A.S.X viu a posibilidade de levarse os tres puntos, e no seguinte ataque ía quitar petroleo de un mal control do capitán local que mandou o esférico a córner. A estratexia de novo decisiva, outra xenialidade de Miguel Liboreiro e de novo David coa testa introduce o balón no fondo da rede, corría o minuto 92 de encontro. O dianteiro de Sandá-Cidadela acadou un hat-trick e situase en solitario coma pichichi do equipo con 11 goles.
Pero o partido aínda ía deparar unha sorpresa máis, de novo de xeito negativo por parte do colexiado e tamén do equipo rival. Ataque a prol do Atlético Sobrado, Luis logo de regatear a un rival recibe unha patada e queda no chan, o colexiado non decreta nin falta e manda continuar o xogo, o Visantoña, e a pesares de que o Atlético Sobrado tirou o esférico fóra ó longo do partido en 6 ocasións para atender a xogadores rivais non tira o balón fora e aproveita a deshubicación dos xogadores visitantes que están a protestar a clarísima falta recibida por Luis, e logo de dous lanzamentos detidos por Andrés, Jacobo Regueiro marca o empate a 3 que sería definitivo. O partido non dou máis de sí e o colexiado indicou o final do encontro. Eso sí o capitán local aínda tivo tempo cando nos dirixiamos os vestiarios para chamarnos a todos "tontos e gilipollas" sin que mediara insulto polos xogares visitantes, estivo moi ben o resto do equipo do Visantoña recriminandolle a actitude o seu capitán que debería ser exemplo para o resto pois aínda non sabemos que problema tiña para amosarse dese xeito. O colexiado fixo que apuntaba os insultos no papel pero na acta do partido non fai constar en ningún lado estes insultos. Moitas cousas ten que cambiar este xove colexiado se quere chegar lonxe...

En resumo, un partido apaixoante onde o hat-trick de David quedou ensombrecido pola actuación arbitral e replochable a actitude do capitán local nun partido onde o xogo limpio foi a nota predominante.

Ningún comentario: