martes, 6 de abril de 2010

Atl. Sobrado 2 - Toques 2

Viviuse un gran derbi na tarde do domingo no Municipal de Sobrado con moitos espectadores nas gradas debido a cercanía que existe entre ámbolos pobos. Destacar que foi un partido onde destacou a deportividade e iso nun derbi sempre é unha boa nova.Houbo unha parte para cada equipo, na primeira metade o Toques foi moito mellor, facendo da contra a súa mellor arma..., pero as veces o fútbol non é de quen domina senón de quen golpea e así o Atlético Sobrado no seu primeiro lanzamento a portería (min. 20 ía acadar o primeiro gol do encontro: excelente xogada en banda esquerda de Chino que tras regatear a dous rivais cédelle o balón a Nacho, o interior marelo chuta raso dende fora da área e o esférico entra pegado o pao.O Toques axiña respondería, concretamente 3 minutos despois aproveitando unha veloz contra que pillou a defensa marela despistada e Bareto establecería o empate a 1 gol. Con ese empate chegouse ó descanso.A segunda metade foi de dominio do Atlético Sobrado, comezou tendo a posesión de balón e creando boas oportunidades. Incluso o colexiado lle anulou un gol a Chino por fora de xogo logo de aproveitar un rexeite do porteiro David que non puido atallar o forte lanzamento do interior marelo Luis. Pero, se na primeira metade dominaba o Toques e marcou primeiro o Sobrado na segunda foi ó revés, dominaba o Sobrado pero o Toques aproveitou outra veloz contra para que Carril marcase o 1-2 que daba mínima vantaxe os visitantes.O Atlético Sobrado seguiu en prol do ataque e no minuto 71 de novo Nacho aproveitaría un balón morto na área para establecer o 2-2 que sería definitivo.
Houbo algunha oportunidade máis por ambos bandos pero o marcador xa non se volvería a mover.
Felicitar os dous equipos polo encontro pois todos os que estivemos no Municipal penso que disfrutamos do derbi.

Ningún comentario: