luns, 22 de novembro de 2010

3ª Autonómica Senior: o Atlético Sobrado segue medrando

Miguel Combo e Pirulo, ambos goleadores na tarde de onte nunha foto de arquivo

Moi boas sensacións está a deixar a "Makina Amarilla" no primeiro tercio de competición. Onte dou un paso máis no obxetivo de ter cousas que decir neste campionato ligueiro. Coa victoria onte en Vizoño matáronse dous páxaros de un tiro: distanciar e acercarse a rivais directos e gañar por primeira vez na historia do clube nun campo maldito ata onte: O Pinar.

Fer afrontou o partido con sensibles baixas, David, Nacho, Pichi, Iván Cabado, Souto e Miguel Liboreiro xogadores habituais nas convocatorias non puideron ser participes do encontro.
O adestrador melidense tívo que inxeniar un once de garantias para poder facer fronte á difícil visita a Vizoño.
O once inicial tivo coma protagonistas a Carlos en portería, os laterais serían para Iago e Alberto Gemelo formando a parella de centrais Juan e Pirulo. Coma pivote defensivo actuou o capitán Esteban e por diante del unha liña de catro formada por Chino e Lofre polo centro deixando nas bandas a Pablo Naveira e Diego Fragío, como máxima referencia ofensiva estaría Mario.
No banquiño quedaron Cuadrado como porteiro suplente, Maikel e Miguel Combo.

O Sobrado, que xa coñecía os resultados que se deron na xornada o comezar o partido as 18.45 horas saiu a morder desde o principio e cuallou unha primeira media hora de encontro sinxelamente colosal, do mellor que se lle viu os marelos desde que comezou a liga.
O equipo de Fer moveu o esférico o seu antollo, dou mostras de potencia misturada con clase e ademáis con unha particularidade: unha excelente pegada cada vez que se achegaba a porta local.
Axiña ían chegar boas novas para os nosos, no minuto 7 Chino executa un excelente tiro libre directo o corazón da área, alí aparece Pirulo que so ten que poñer a cabeza para mandar o esférico o fondo da rede (unha vez máis a estratexia daba resultado marcando un gol moi parecido que o primeiro da semana pasada en Visantoña).
No minuto 11 de novo xogada de perigo a cargo do Atlético Sobrado pero o disparo de Diego Fragío chegaría maino as mans do meta local.
Dous minutos máis tarde, Mario que fixo unha primeira metade digna de destacar fai unha excelente xogada persoal, adéntrase na área, levanta a cabeza e ve a Chino libre de marca, o pichichi do Sobrado chega desde atrás e manda o balón o fondo da rede: 0-2.
No minuto 18 o CASX seguía co seu monólogo, desta volta foi Esteban quen tivo a oportunidade de marcar por segunda semana consecutiva pero o cancerbeiro local desbarataría a ocasión.
Para ver o primeiro tiro a porta do Vizoño B habería que agardar ó minuto 20 nun lanzamento que Carlos atallou sobriamente.
Dous minutos máis tarde, nunha rápida contra, Alberto Gemelo que foi dos destacados do partido, na miña humilde opinión o mellor dos xogadores que estiveron sobre o céspede, lanza un sprint, adéntrase na área e o defensa local non lle queda outra que derrubalo para evitar o terceiro. O colexiado pita penalti pero non expulsou o xogador local a pesares de que era o último home e era ocasión manifesta de gol. O encargado de transformar o penalti sería Chino marcando así o seu segundo gol da tarde-noite.
En 24 minutos o Sobrado gañaba 0-3 nun inicia verdadeiramente fulgurante.
O Vizoño tras este gol estirou liñas sabedor de que xa non tiña nada que perder e intentou a acumular lanzamentos que se ían fora dos 3 paos da meta defendida por Carlos. Destacar un tiro no minuto 36 que se foi fora por escasos centímetros.
Logo do descanso os xogadores visitantes quizais relaxados polo marcador sairon menos motivados na segunda metade. No minuto 47 o Vizoño B ía recurtar diferencias nun lanzamento de falta de Grobas, os focos deslumbraron a Carlos e tras pegarlle o esférico nun brazo este acabou entrando na portería.
Un gol que lle daba "vidilla" os locais, que na segunda metade tiveron máis posesión de balón pero sen crear excesivo perigo mentres o Sobrado xogaba de forma pausada sen necesidade de ter que ir a por máis goles.
Fer introduxo a Maikel por Chino, a Miguel Combo por Iago e a Cuadrado por Carlos nesta segunda metade. Sería o xuvenil Maikel no minuto 86 quen tras unha excelente xogada persoal acabaría mandando o balón ó largueiro.
O Vizoño B aínda quería ter algo que dicir e no minuto 92 de novo Grobas tras un desaxuste defensivo marcaría o 2-3 que poñía a incerteza no marcador. Pero un minuto máis tarde Miguel "Piqué" Combo marcaría logo da saida de un córner tras sair beneficiado de un rexeita da defensa local.
Con estos 3 puntos o Atlético Sobrado afiánzase na 5ª praza distanciando o seu máis inmediato perseguidor, o Cire Melide en 4 puntos e empatándolle a 25 puntos o San Martiño logo do empate entre os dous equipos citados.

Parabéns a todo o plantel.

Ningún comentario: