domingo, 21 de novembro de 2010

Liga Provincial Feminina: victoria con licenza para soñar

Gran victoria a acadada na tarde-noite de onte polas xogadoras que adestra Hassan na difícil pista do Boqueixón F.S.
O atípico resultado (0-1) recórdanos máis a un marcador de fútbol que de fútbol sala pero o que realmente importa e que os 3 puntos viñeron para Sobrado. Unha victoria que sabe especialmente ben pois o Boqueixón F.S. é un dos firmes candidatos a ascender de categoría nesta tempada. O partido segundo palabras do noso adestrador foi moi táctico onde as defensas se impuñeron os ataques e tan so a pichichi do equipo María Seoane sería capaz de "profanar" a portería rival.
Con este triunfo o Atlético Sobrado consolídase na segunda praza da clasificación sitúandose como forte alternativa ó líder da competición, o Sada F.S.

Noraboa equipo!

Ningún comentario: