luns, 26 de setembro de 2011

Empate a domicilio

O Atlético Sobrado saldou con un empate a súa visita na matinal do domingo fronte a un equipo local, o Brexo Lema B, que seguro que perderá moi poucos puntos no seu domicilio.
Salientar a baixa de última hora na convocatoria de Maikel por motivos persoa polo que a convocatoria constou de 15 xogadores no lugar dos 16 estipulados.

Adiantouse o Atlético Sobrado no marcador por mediación de Pablo Naveira nun man a man co porteiro local. A Makina Amarilla perdooulle a vida o Brexo Lema B nos primeiros 45 minutos con grandes oportunidades de Lofre, Fran e o propio Pablo Naveira. Con resultado de 0-1 chegouse ó descanso.
Na segunda metade os locais poñerían máis empeño en buscar a meta defendida por Samuel, aínda así, de novo Pablo Naveira tivo o 0-2 nas súas botas nun par de man a man co porteiro pero non foi quen de atinar a marcar.

No minuto 72 empataría o Brexo Lema B e 8 minutos despois adiantaríase no marcador nun remate de cabeza logo de un saque de esquina.

Cando xa todo parecía perdido para o Atlético Sobrado surxiu a figura de Mario Novo que aproveitou un balón morto dentro da área logo de unha gran xogada de Pablo Naveira que nesa mesma xogada foi víctima de unha pena máxima que o colexiado non puido ver.

Finalmente táboas no marcador e de novo gran imaxe da escadra que adestra Hassan que segue en progresión.

ONCE INICIAL: Samu, Pichi, Alberto, Esteban, Piru, Anxo, Javi Lofre, Fran, Mario Varela, Jacobo Penas, Pablo Naveira.
BANQUIÑO: Javi Sánchez, Chino, Dami, Mario Novo.

Ningún comentario: