venres, 23 de setembro de 2011

Nova xornada ligueira

O Atlético Sobrado visita o Campo de Os Pinares na 2ª xornada ligueira correspondente o Grupo III de 3ª Autonómica ó filial do Brexo Lema SD. O día será o 25 e o horario as 12.00 horas (algo pouco habitual no noso grupo).
Polo tanto ós pupilos de Hassan tocaralles dar o madrugón e desplazarse ata ó Concello de Cambre na sesión matinal do vindeiro domingo.Agardemos que o esforzo de dormir menos horas do habitual merezca a pena e o Atlético Sobrado nos agasalle co grandioso fútbol que exhibiu o domingo pasado... e se de paso se poden traer os 3 puntiños, mellor que mellor!

Ningún comentario: