luns, 7 de novembro de 2011

Atl.Sobrado 1 - Visantoña C.F. 3

O fútbol non foi xusto co Atlético Sobrado na tarde de onte. O equipo marelo caeu derrotado fronte a un líder da competición que estivo contra as cordas durante toda a segunda metade e que incluso en varios momentos pensou que se lle ía escapar o empate.
Mala tarde no que respecta a resultado e lesións de xogadores para o conxunto de Hassan, non así en xogo onde o equipo marelo amosou moito máis fútbol que o líder pero está claro que finalmente o que deciden son os goles e en ocasións un señor (que antes vestía de negro) e agora viste do color que lle cadra pero que non se adica a arbitrar senón a molestar.

No aspecto das lesións Pirulo sufreu un pinchazo o venres no adestramento e a pesares de entrar na convocatoria non puido disputar nin un so minuto.
Samu provou antes do partido o estado do seu pe dereito pero logo do quecemento volveron a aparecer as molestias e tampouco puido ser titular como estaba previsto nun principio.

Non me gusta falar dos colexiados teñen erros e acertos o igual que os xogadores, técnicos, afeccioados e directivos pero no caso do señor Julián Brea a cousa (polo que respecta a acción de dirixir un encontro) xa cheira desde fai tempo e a verdade é que o tufillo que desprende é máis que desagradable. A coña é que aquí ninguén fai nada para prohibirlle que ese señor ande polos campos adiante facendo o que lle da a real gana... onte o Atlético Sobrado xogábase moito nun partido onde de gañar poñeríamonos a 3 puntos dos líderes pero este señor encargouse de cortanos as alas de un plumazo.

Varias xogadas lamentables:

1. Minuto 2 de encontro: Pichi loita con un balón con Piru, xogador do Visantoña, o visitante gáñalle o esférico a Pichi e o noso lateral faille unha leve falta. O señor colexiado decreta falta e cartón marelo que sorprendeu a todo o mundo pois de ser falta o era sen máis.
2. Minuto 14 de encontro: tarxeta marela a Alberto logo de que lle pite falta nun salto de cabeza con un xogador visitante, Alberto chega antes o balón, ganalle a partida o rival no salto e o xogador do Visantoña o ver que perdera o esférico tírase o chan berrando, Julián obsequia a Alberto co cartón.
3. Minuto 29 de encontro Mario loita con un defensa intentando roubarlle o esférico, o defensa despexa o balón Mario quere interceptar o lanzamento e levanta a perna: pita falta e cartón marelo para asombro de todos.
4. Minuto 43, o Atlético Sobrado recupera un balón e monta un rápido contrataque tendo Fran a posesión de balón, é un 4 para 4, chega un centrocampista visitante e agarra a Fran arredor de dous segundos para evitar que de un pase os nosos dianteiros. Decreta falta pero non amosa cartón ningún.
5. Minuto 72 Alberto sufre unha brutal entrada a destempo de Piru pegado a liña de cal, decreta falta e non amosa cartón cando a agresión é clarísima e polo tanto cartón vermello directo.
6. Minuto 81, con 1-1 no marcador grandísima combinación do Atlético Sobrado o primeiro toque para que un veloz Pablo Naveira se dirixa a encarar man a man o porteiro, increiblemente Julián decreta un inexistente fora de xogo que non ofrece ningún lugar a dúbida por duas razóns: 1. Naveira arranca desde o noso campo, 2. Hai un defensa do outro lado do campo 2 metros máis para atrás que o noso dianteiro... qué pitou? medo quizais?

Os goles:

0-1 (min. 29) gran gol de Borja logo de un espectacular cambio de xogo de Piru que non se viu presionado polo mediocampo e o pase gañoulle a espalda a nosa defensa, o extremo visitante definiu con calidade diante de Cuadrado.
1-1 (min. 71) Chino de espectacular zapatazo de lanzamento de falta desde máis de 30 metros sorprende o porteiro con un auténtico golazo.
1-2 (min. 86) Sergio desde fora da área pon o balón na escadra da portería de Cudrado.
1-3 (min. 94) con un Atlético Sobrado volcado en ataque para rematar un córner na derradeira ocasión do encontro o Visantoña recupera un balón e monta unha contra de 2 para 1, o xogador que intenta recibir o último pase está en claro fora de xogo, non o pita, o esférico sae largo e chega a zona de Cuadrado que erra do despexe e o esférico quédalle franco o dianteiro visistante Adrián para marcar a portería vacía.

Dúas claras oportunidades:

as dúas mellores oportunidades do encontro foron do Atlético Sobrado, con 0-1 no marcador Mario Novo aprovéitase de un mal despexe do porteiro que queda vendido fora da portería e caelle o esférico na perna zurda o killer de Teixeiro, o seu lanzamento a portería vacía saélle desviado cando xa se cantaba o gol.
A outra xogada que puido determinar o encontro foi no minuto 80 con empate a 1 gol no marcador, nunha xogada persoal espectacular de Chino que regateou a todo o que se lle foi aparecendo polo camiño entrando no pico da área pequena e na súa intención de pase un defensa despexa inextremis evitando o 2-1.

Gran imaxe en liñas xerais do Atlético Sobrado sobretodo na segunda metade onde foi moi superior o Visantoña C.F. e tan so a mala fortuna e as decisións erroneas (coma sempre) de Julián privaron os marelos de un resultado completamente diferente.

ONCE INICIAL: Cuadrado, Pichi, Alberto, Esteban, Javi Sánchez, Chino, Fran Miraz, Pablo Naveira, Jacobo Penas, Lofre, Mario Novo.
BANQUIÑO: Miguel Combo, Samu, Piru, Nacho, Dami.
FORA DE CONVOCATORIA: Mario Varela, Anxo, Diego Fragío, Iván Cabado, Souto, Antonio, Maikel.


XUVENÍS: U.D. Paiosaco 3 - Atl. Sobrado 4

Segunda victoria consecutiva do equipo que adestra Chino, o escadra marela chegou a ir gañando 1-4 pero nos últimos minutos os locais apretaron o marcador.
Os goleadores foron Alejandro Márquez (2), Marcos Combo e David Vidal.

Ningún comentario: