xoves, 3 de novembro de 2011

Atl.Sobrado - Visantoña C.F.



Un auténtico partidazo nos agarda o vindeiro domingo no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas. O líder Visantoña C.F. que presenta unha bagaxe de 6 victorias, 1 empate e ningunha derrota visita o terreo de xogo do Atlético Sobrado nunha proba de lume para os pupilos de Hassan que ocupan o 5º lugar na táboa clasificatoria con 13 puntos.

O partido presentase vital para a Makina Amarilla co agallo de presentar as súas credenciais de optar a final de tempada os postos altos da clasificación.

Hassan contará coa baixa segura de Mario Varela lesionado de longa duración.

O colexiado do encontro será o señor Julián Carlos Brea Sánchez.


XUVENÍS: o equipo de Chino que obtivo unha flamante victoria na pasada xornada fronte o Sporting Cambre "B" desprázase o sábado a Paiosaco para enfrontarse en "A Nova Porta Santa" a partires das 16.15 horas fronte o U.D. Paiosaco-H. Añón.

O partido será arbitrado polo señor Emilio Muñiz Seijas.

Ningún comentario: