martes, 22 de novembro de 2011

Grupo Gestán firma un novo compromiso co Atlético Sobrado



Gestán Tratamiento de Residuos e Club Atlético Sobrado Xuventude veñen de firmar un novo acordo de colaboración entre ambas entidades. De este xeito Grupo Gestán reafirma unha tempada máis o seu apoio ó deporte de Sobrado así coma os seus deportistas.

A empresa con sede en As Pías (Codesoso) colaborará económicamente por 4ª tempada consecutiva co noso clube; pola súa banda o Atlético Sobrado publicitará a empresa nos seus terreos de xogo: o Campo Municipal de Fútbol e o Pavillón Polideportivo Municipal.

Este compromiso preséntase fundamental para o noso clube e para levar a bo porto todos os seus proxectos deportivos.

Ningún comentario: