xoves, 24 de novembro de 2011

S.E. Abellá S.D.C. "B" - Atl. Sobrado Xuventude

Logo de unha semana de parón o Atlético Sobrado senior volve a competición e farao o domingo a partires das 16.15 horas no Campo de O Vedral en Abellá (Concello de Frades) para enfrontarse ó filial do S.E. Abellá S.D.C. Os locais veñen dando un importante impulso na clasificación nas últimas semanas polo que o compromiso preséntase con dificultades no conxunto que adestra Hassan.
No Atlético Sobrado serán baixas seguras Esteban, Piru, Mario Varela e Souto.

Pola súa banda os xuvenís que adestra Chino, desplazaranse ata Carballo na tarde do sábado, alí, as 17 horas disputarán o seu encontro ligueiro fronte o Bergantiños C.F. "B" no Campo de As Eiroas.

Ningún comentario: