O caso é que esta fin de semana tocounos en sorte para dirixir o encontro un xove árbitro que responde ó nome de Brais. O energúmeno en cuestión non sabe o reglamento, ou se o sabe non o quere aplicar polo tanto aínda é máis grave a cuestión. Igual alguén lle ten que explicar a este "chavalín" que se quere cobrar debe facer ben (ou polo menos intentalo) o seu traballo e non intentar vacilar á xente que fin de semana sí e fin de semana tamén lle paga relixiosamente por "dirixir" os encontros. O que non é de recibo é que encima se queira facer o listo máis que nada porque igual o día que menos o espere vaise levar algo a cambio que non será nada bo para él...
Empezo: minuto 1 de encontro, Iván Cabado sufre un penalti clarísimo dentro da área que se oe no noso propio banquiño, quédanse parados os xogadores dos dous equipos pensando que evidentemente decreta penalti, o infractor en cuestión pídelle perdón a Iván pero sorpresivamente o colexiado logo de un momento de dúbida manda seguir.
Minuto 15 de encontro, excelente internada de Dami que se vai de todos os que lle saen ó paso, entra dentro da área e sufre unha forte entrada noutro claro penalti, Dami non chega a caer e sae trastabillado perdendo finalmente o balón, o colexiado asubía pena máxima con un leve soplido pero logo rectifica e manda seguir...
Máis tarde Pablo Naveira arranca en clara posición correcta para encarar o porteiro pero "Brais" quítase da manga un fora de xogo a todas luces inexistente.
Minuto 23 o Abellá adiántase no marcador nun dos foras de xogo máis escandalosos da historia do fútbol (arredor de uns 5 metros..., que se di pronto).
No segundo gol do Abellá a posición do dianteiro é máis que dubidosa rozando o fora de xogo pero non sabemos se o é ou non.
Nunha xogada de ataque marelo Chino cando vai disparar sufre unha falta de escándalo, o tiro sae desviado e o noso xogador retórcese de dolor pola dura entrada, o colexiado espera a que se recupere e cando Chino se incorpora amósalle cartón marelo "por simular a falta".
Con 3-0 chegamos ó descanso. Evidentemente con está actitude totalmente denigrante de este amago de aprendiz de árbitro non se pode facer outra cousa que desexar que acabe o encontro, que non se lastime ninguén e que non expulsen a moita xente xa que o normal é que te enfades cando se están a rir de ti na túa propia cara.
Esta claro que o colexiado tiña que ser penoso , porque Hassan viu o seu primeiro cartón marelo da tempada e quen coñecemos a míster de toda a vida sabemos que xamáis protesta nada (e iso que coa experiencia que ten nos banquiños xa viu de todo...).
O gol marelo marcaríao Nacho a saida de un córner na segunda metade. Esta parte foi de desgana total por parte do noso equipo xa que verse superado así no encontro e cos motivos que o precederon danlle ganas a calquera de ir para a ducha, que pite o final este sinvergonza de turno e non volverlle a ver a cara no que resta de vida.
Estou desexando que chegue o día no que os comités os que tanto gusta sancionar ós xogadores (as veces incluso con mentiras do colexiado a hora de escribir as actas), manden tamén informadores a cada campo e levanten acta dos "espectáculos verbeneiros" que se monta algún (afortunadamente os menos) colexiado.
Por último para que vexades a ineptitude de este lamentable arbitrucho decir que na acta so puxo a expulsión de Iván Cabado por agresión na primeira metade e os cartóns do Abellá, non reflexou os cartóns marelos que vimos: Chino, Nacho, Naveira, Pichi... (remordementos de conciencia quizais???)
Ogallá non che vexamos máis a cara, e se é así, ven con outra actitude... será mellor...
Xuvenís: Bergantiños B 4 - Atl.Sobrado 0
Ningún comentario:
Publicar un comentario