venres, 2 de decembro de 2011

Atl.Sobrado Xuventude - C.C.D. Curtis

Rival de entidade o que nos visita esta fin de semana no Municipal de Sobrado. Sen lugar a dúbidas o CCD Curtis é un dos máis claros candidatos a conseguir o ascenso de categoría polo gran e amplo plantel que posee.
O partido será coma sempre as 17.00 horas do domingo e será dirixido polo señor Juan M. Rojo Prieto. No Atlético Sobrado serán baixas seguras Mario Varela e Souto por lesión así como Iván Cabado sancionado con 4 partidos polo Subcomité de Competición.

No tocante o equipo xuvenil destacar que tamén actuarán como locais na tarde de mañá sábado a partires das 17.00 horas fronte o San Tirso S.D., que está ubicado na antepenultima posición. O colexiado do encontro será o señor Bernardo Domínguez Manteiga.No equipo de Chino é baixa por sanción Alberto logo de ser expulsado o pasado sábado en Carballo por doble cartón marelo.

Ningún comentario: