xoves, 15 de decembro de 2011

Resultados atrasados da fin de semana do 3 e 4 de decembro



3ª Aut. Grupo III Senior


Atl.Sobrado 0 - Curtis 0


Bo encontro dos homes de Hassan fronte a un dos máximos favoritos para acadar o ascenso de categoría. O equipo marelo fixo un encontro moi serio pero non andivo atinado de cara a portería perdoando 3 claros man a man co porteiro visitante. Xa no desconto o Curtis encontrouse con un tiro o pao na xogada máis perigosa dos visitantes en todo o partido.


2ª Aut. Grupo II Xuvenil


Atl.Sobrado 1 - San Tirso 3


Comezou con bo pe o encontro o equipo de Chino logo de que os dous minutos de encontro Marcos Combo adiantase os locais. Na segunda metade o equipo marelo veuse abaixo. A xogada polémica do encontro chegou con 1-2 no marcador cando David Vidal se adentrou na área e cando se dispoñía a chutar a porta en clara vantaxe é derribado claramente por un xogador rival mais o colexiado non apreciou pena máxima.


Ningún comentario: