mércores, 22 de febreiro de 2012

Benvido a túa casa Andrés

Logo de 3 semanas adestrando co Club Atlético Sobrado Xuventude Andrés Miraz podería debutar este domingo no partido fronte ó Larín B. Logo de dúas tempadas no Boimorto CF, Andrés volve a casa onde se criou na súa etapa xuvenil para compartir posición con Cuadrado e Samu.
A directiva do Atlético Sobrado Xuventude quere agradecer as facilidades que deron os dirixentes do antigo clube de Andrés o Boimorto CF para que o cancerbeiro de Teixeiro puidese recalar nas nosas filas.

Que teñas moita sorte nesta nova andaina.

Ningún comentario: