xoves, 23 de febreiro de 2012

Volve ó fútbol ó Municipal

Unha nova doble cita para esta fin de semana no Municipal de Sobrado onde os dous equipos das categorías de fútbol do Atlético Sobrado Xuventude afrontarán os seus partidos coma locatarios.
Comezará na tarde de sábado o equipo xuvenil enfrontándose o intratable líder da categoría, o Bergantiños B de Carballo. O partido coma de costume, comezará as 17.00 horas.
Para a tarde do domingo queda o Atlético Sobrado - Larín B, penúltimo contra último clasificado aínda que ben é certo que de gañar o equipo marelo podería ascender ata 5 postos na clasificación nun partido onde podería debutar a nova fichaxe do cadro que adestra Hassan, o cancerbeiro Andrés Miraz. O igual que o partido anteriormente citado a hora de inicio do choque será as 17.00 horas.

Ningún comentario: